músico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Jason Mark Everman, nado o 16 de outubro de 1967 en Kodiak, (Alasca) é un baixista estadounidense que tocou con Nirvana e Soundgarden.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de outubro de 1967 (57 anos) Kodiak, Estados Unidos de América |
Educación | Columbia University School of General Studies (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, militar |
Período de actividade | 1989 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Carreira militar | |
Rango militar | soldado |
Conflito | Guerra de Afganistán |
Instrumento | Baixo e guitarra |
Selo discográfico | Sub Pop |
Everman uniuse a Nirvana en febreiro de 1989 como segundo guitarrista. Está incluído nos créditos de Bleach como tal, pero non tocou en ningunha das cancións. O líder de Nirvana, Kurt Cobain, dixo que isto foi para compensar a Everman por pagar 606.17 dólares para a gravación do álbum, suma que non lle foi devolta. Everman acompañou á banda na xira por Estados Unidos para a promoción de Bleach.
Hai dous temas de Nirvana nos que aparece tocando Everman dispoñibles, aínda que en distintas edicións. Unha versión de Kiss chamada "Do You Love Me?" foi editada nun álbum tributo, e "Dive" lanzouse no ano 2004 no recompilatorio With the Lights Out. Ambos temas foron gravados no estudio de 24 pistas do Evergreen State College en xuño de 1989.
Everman deixou Nirvana ao final da xira, en xullo de 1989, e uniuse a Soundgarden o ano seguinte para substituír a Hiro Yamamoto. En abril dese ano, tocou na versión "Come Together" de The Beatles, que apareceu nun EP chamado Loudest Love. Everman apareceu no vídeo de Soundgarden "Louder Than Live" e o mesmo ano deixou a banda.
Os seguintes proxectos de Everman incluíron unha tempada como guitarrista de Mind Funk. En setembro de 1994 deixaría esta banda e uniríase ao 2º batallón de Rangers do exército estadounidense e ás Forzas Especias, chegando a estar en Afganistán e Iraq.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.