Jarabe de Palo é un grupo de rock latino liderado por Pau Donés, solista e compositor. O resto da banda fórmano Álex Tenas, Jordi Mena, Carmen Niño, Quino Béjar e Jorge Rebenaque. Outros dos seus membros foron Luis Dulzaides, Maria Roch, Daniel Forcada e Toni Saigi.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Jarabe de Palo | |
---|---|
Jarabe de Palo, nun concerto en 2005 | |
Orixe | España |
Período | 1996 - presente |
Xénero(s) | rock latino |
Membros | Pau Donés Álex Tenas Jordi Mena Carmen Niño Quino Béjar Jorge Rebenaque |
Antigos membros | Luis Dulzaides, Maria Roch, Daniel Forcada e Toni Saigi |
Na rede | |
http://www.jarabedepalo.com | |
Historia
Pau Donés, catalán de Barcelona,[1] traballou en varios grupos antes de poder levar a cabo o seu proxecto actual, Jarabe de Palo. Comezou ós 15 anos xunto co seu irmán Marc, co que formou un grupo chamado J.& Co.Band e posteriormente outro co nome de Dentaduras Postizas. Durante este período combinaba as súas actuacións musicais en locais de Barcelona cun traballo nunha axencia de publicidade.
O éxito chegaría tras unha viaxe a Cuba, onde apareceu a inspiración que o levaría a escribir "La Flaca" canción que deu título ao seu primeiro disco do mesmo nome en 1996 e que se converteu en todo un éxito. Un ano máis tarde o tema vendera millóns de discos en varios países, converténdose nunha das cancións do verán de 1997.
Tras este éxito do primeiro disco Pau buscaba demostrar que o grupo non era dun só tema, e con esta idea lanzou Depende (1999), producido por Joe Dworniak (coñecido en España polo seu traballo con Radio Futura) nos estudos Moody de Londres durante dous meses. Este traballo contou con colaboracións como Ketama (no dúa entre Antonio Carmona e Pau Donés, "Te miro y tiemblo") e continuou cunha lírica irónica que conseguiu conectar con parte do público hispano e mesmo abrirse oco entre o italiano.
En 2001 publicaron De vuelta y vuelta, o seu disco máis conceptual. Mostra un cambio na banda co primeiro videoclip do albúm, no que Pau aparece afeitándose a cabeza, desprendéndose da súa característica melena. Para este disco contouse con colaboracións de Antonio Vega, Jovanotti, Vico C e Celia Cruz.
En 2003 a banda pretende mostrar unha volta a cancións máis vitalistas e positivas con Bonito, con participacións como a de Los Mártires del Compás, a cantaora Elena Andújar e o amigo italiano Jovanotti.
Xa en outono de 2004 anúnciase a xira de presentación da súa nova obra 1 m² coa participación de amigos como Jorge Drexler, Lucrecia ou Chrissie Hynde, de The Pretenders. Nese mesmo ano colabora con Alanis Morissette no videoclip de "Everything", primeiro tema do seu quinto disco, So called caos.
O grupo presentou o 10 de abril de 2007 o seu novo álbum, Adelantando. O seu primeiro sinxelo foi "Ole", e levounos de xira a partir de maio por España e Europa. No álbum contaron con colaboracións de La Shica, La Mari de Chambao e Carlos Tarque.
Premios e colaboracións
O grupo recibido galardóns como dous premios da Música, Ondas, nomeamentos ós Grammy.[Cómpre referencia]
Tamén colaborou con La Vieja Trova Santiaguera, Antonio Vega, Vico C ou Celia Cruz (Banda sonora de El milagro de P. Tinto). Pau reivindicou a Peret nun disco homenaxe, compuxo para Ricky Martin e protagonizou un videoclip xunto á estrela canadense Alanis Morissette. Tamén cantou con Joaquín Sabina unha versión de "La Flaca".
Discografía
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.