From Wikipedia, the free encyclopedia
Janthinobacterium lividum é unha especie de bacterias aerobias, gramnegativas, habitantes do solo, que teñen unha característica cor violeta escura (case negra). Esta cor débese a que produce un composto chamado violaceína, a cal se xera cando se metaboliza o glicerol como fonte de carbono. A violaceína ten propiedades antibióticas antibacterianas, antifúnxicas e mesmo antivirais. As súas propiedades antifúnxicas son de especial interese porque J. lividum se atopa na pel de certos anfibios, como a píntega Plethodon cinereus, na que prevén a infección polo devastador fungo quitridio Batrachochytrium dendrobatidis.[2]
Janthinobacterium lividum | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Janthinobacterium lividum (Eisenberg 1891) De Ley et al. 1978 (Approved Lists 1980) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Bacillus lividus Eisenberg 1891 |
O nome do xénero, Janthinobacterium, significa en latín "bacteria de cor violeta" (ou violeta-azulada).[3] O nome da especie, lividum, tamén vén do latín e significa "de cor azul ou do chumbo".[3]
Na caixa de datos taxonómicos indícanse os distintos sinónimos con que se foi coñecendo esta bacteria ao longo do tempo. Durante un tempo tivo o sinónimo Chromobacterium violaceum Ford 1927 e despois Leifson 1956, que xa non se usa, e non se debe confundir coa actual bacteria Chromobacterium violaceum, que é unha especie distinta da orde Neisseriales, pero que tamén produce violaceína e ten cor violeta escura.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.