Jacob Le Maire
explorador neerlandés From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
explorador neerlandés From Wikipedia, the free encyclopedia
Jacob Le Maire, nado en 1585 e finado en 1616, tamén escrito LeMaire ou Lemaire, foi un explorador neerlandés. Nunha viaxe con Willem Schouten, entre 1615 e 1617, abriu unha nova ruta no océano Pacífico descubrindo o estreito de Le Maire e o Cabo de Fornos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1585 Anveres, Bélxica |
Morte | 31 de decembro de 1616 (31 anos) Océano Índico |
Actividade | |
Ocupación | explorador |
Familia | |
Pai | Isaac Le Maire |
Irmáns | Maximiliaan le Maire |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Fillo do hugonote francés Isaac Le Maire, naceu en Anveres, ou en Egmont, daquela parte das Provincias Unidas neerlandesas. Isaac Le Maire era un notábel negociante estabelecido na cidade holandesa de Hoorn. Para competir coa Compañía Holandesa das Indias Orientais (Vereenigde Oostindische Compagnie, VOC) creou a Compañía Australiana (Australische of Zuid Compagnie) e organizou unha viaxe para explotar o suposto continente austral. Jacob Le Maire, o seu fillo máis vello, foi o xefe da expedición, e os dous irmáns Willem e Jan Schouten os capitáns das dúas embarcacións: Eendracht e Hoorn.
Para evitar a exclusividade que tiña a Compañía das Indias Orientais no que respecta ás rutas a través do estreito de Magalláns e do Cabo de Boa Esperanza, Le Maire e Schouten foron máis ó sur descubrindo o estreito de Le Maire, entre a Terra do Fogo e a illa dos Estados, que bautizaron en honra ós Estados Xerais, o Parlamento das Provincias Unidas. Tras descubrir o Kaap Hoorn (Cabo de Fornos), cruzaron o Pacífico seguindo unha ruta semelante á de Fernão de Magalhães, descubrindo diversas illas até chegar a Batavia (Iacarta).
A Compañía das Indias Orientais non creu que descubrisen unha nova ruta mais mesmo así prendeunos por quebrar o monopolio e enviounos de volta a Ámsterdam. Polo camiño, morreu Jacob Le Maire, ós 31 anos.
Durante dous anos, o pai, Isaac Le Maire, loitou contra a Compañía até que finalmente foi recoñecida a nova ruta polo Cabo de Fornos e devolveron o navío á Compañía Australiana pagando as indemnizacións económicas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.