J. C. Leyendecker
From Wikipedia, the free encyclopedia
Joseph Christian Leyendecker, nado en Montbaur o 23 de marzo de 1874 e finado en New Rochelle, Nova York o 25 de xullo de 1951, foi un dos máis salientables ilustradores estadounidenses de comezos do século XX. É coñecido polos seus pósters, ilustracións de libros e publicidade, e as numerosas portadas para The Saturday Evening Post.[1][2] Entre 1896 e 1950, Leyendecker pintou máis de 400 portadas de revistas. Durante a Idade Dourada da Ilustración Americana, só para The Saturday Evening Post, J. C. Leyendecker produciu 322 portadas, así como moitas ilustracións de publicidade para as páxinas interiores. Ningún outro artista, até a chegada de Norman Rockwell dúas décadas despois, foi tan claramente identificado na produción dunha publicación.[3] Leyendecker "virtualmente inventou o concepto completo do deseño de revista moderno".[4]
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1874 Montabaur, Alemaña |
Morte | 25 de xullo de 1951 (77 anos) New Rochelle, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Woodlawn |
Educación | School of the Art Institute of Chicago (en) Academia Julian (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ilustración |
Lugar de traballo | Países Baixos Volendam |
Ocupación | ilustrador, pintor, deseñador |
Período de actividade | (Con vida en: 1918 ) |
Familia | |
Irmáns | Frank Xavier Leyendecker |
![]() |
Galería
- Cuberta para The Saturday Evening Post do 28 de decembro de 1907.
- Cuberta para The Saturday Evening Post do 19 de agosto de 1911.
- Ilustración da Maev en Myths and Legends of the Celtic Race, 1911
- Debuxo de 1913.
- Estudo da portada para The Saturday Evening Post.
- Anuncio de Arrow Shirt da década de 1920.
- Anuncio de alistamento na mariña americana.
- Ilustración para Arrow Collar, 1907.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.