From Wikipedia, the free encyclopedia
Iocaste (ou en grego Ιοκάστη), tamén coñecida coma Xúpiter XXIV, é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2000 e recibiu a designación provisional de S/2000 J 3.[1][2] A lúa recibiría o nome de Iocasta oficialmente en outubro do 2002,[3] Iocasta na mitoloxía grega foi nai e muller de Oedipus.
Iocasta pertence ó grupo de satélites Ananke, pensase que este grupo son os vestixios dun posible asteroide heliocéntrico capturado, que se esnaquizou, formando así este grupo de lúas.[4][5] A lúa ten un diámetro estimado en 5 kms,[6] e no espectro visible aparece cun gris (índices de cor B-V=0.63, R-V=0.36) semellante o dos asteroides tipo C.[7] Iocasta órbita Xúpiter a unha distancia duns 20,723 Gm en 609,427 días, cunha inclinación orbital de 147° respecto da eclíptica (146° respecto do ecuador de Xúpiter) e cunha excentricidade orbital de 0,2874.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.