O CD11b (cluster de diferenciación 11b) ou cadea alfa M de integrina (proteína ITGAM) ou CR3A é unha subunidade proteica da superficie de leucocitos, que forma, ao unirse cunha subunidade beta-2 (ou CD18), a molécula heterodímera integrina alfa-M/beta-2 (αMβ2), tamén chamada antíxeno de macrófago-1 (Mac-1) ou receptor do complemento 3 (CR3).[1] Como a segunda cadea desta integrina heterodímera é a integrina común β2 coñecida como CD18, a integrina αMβ2 pertence á subfamilia β2 de integrinas ou integrinas de leucocito.[2] O CD11b está codificado no xene ITGAM do cromosoma 16 humano.

Thumb
Proteína ITGAM ou CD11b (baseado en PDB 1bho).

A integrina αMβ2 exprésase na superficie de moitos leucocitos implicados no sistema inmunitario innato, como os monocitos, granulocitos, macrófagos, e células asasinas naturais.[1] Media a inflamación regulando a adhesión celular e migración de leucocitos e está implicado en varios procesos inmunes como a fagocitose, citotoxicidade mediada por células, quimiotaxe e activación celular.[1] Está implicado no funcionamento do sistema de complemento debido á súa capacidade de unirse ao compoñente do complemento 3b inactivado (iC3b).[3] A subunidade ITGAM (alfa) da integrina αMβ2 está directamente implicada en causar a adhesión e espallamento de células, pero non pode mediar a migración celular sen a presenza da subunidade β2 (CD18).[1]

En estudos de aociación en todo o xenoma, os polimorfismos dun só nucleótido no ITGAM mostraron ter unha forte asociación co lupus eritematoso sistémico.[4][5]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.