O Instituto de Estudios Gallegos foi unha institución cultural creada na Coruña en 1918 por Manuel Casás Fernández. Tiña carácter rexionalista, e xurdiu como contrapunto ás Irmandades da Fala[1].

Non confundir co Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Thumb
Fernando Martínez Morás, secretario do IEG.

Traxectoria

O seu presidente foi propio Casás, e o secretario era Fernando Martínez Morás. A principal realización do organismo foi a organización dun Congreso de Estudios Gallegos que se celebrou na Coruña en agosto de 1919. Outra realización do Instituto foi a creación da Biblioteca Concepción Arenal[2] en 1924[3].

En xuño de 1931 o Instituto elaborou as Bases para un anteproyecto de Estatuto Político de Galicia, que consistía nunha folla asinada por Manuel Casás e Fernando Martínez Morás con 18 artigos e unha disposición transitoria, que se inserían nunha traxectoria rexionalista[4] sen considerar tan só a oficialidade plena da lingua galega.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.