From Wikipedia, the free encyclopedia
Inmarsat é o nome dunha compañía británica de telecomunicacións orixinada na organización intergubernamental do mesmo nome e que pasou a denominarse International Mobile Satellite Organization. A privatización de Inmarsat tivo lugar en abril de 1999 e foi a primeira organización de satélites en ser privatizada. Comercializa os satélites de comunicacións en órbita xeoestacionaria do mesmo nome.[1]
Os tres satélites Marisat foron os primeiros usados pola organización cando aínda era pública para ofertar servizos a buques nos océanos Atlántico, Pacífico e Índico. Usaban o bus HS-356 de Hughes Aircraft Company e todos foron lanzados en 1976 usando foguetes Delta 2914. Usaban a banda L, a banda C e a UHF para as súas comunicacións. Cada satélite tiña unha masa de 650 kg, forma cilíndrica e estabilización mediante xiro. A enerxía era proporcionada por 7000 células solares que recubrían a súa superficie, dando ata 330 W de potencia.[2][3][1]
Os dous satélites MARECS (Maritime European Communications satellite) operativos, A e B2 (o B perdeuse durante o lanzamento) foron os seguintes satélites de Inmarsat. Usaban o busc ECS, tiñan unha masa de 1060 kg e estabilizábanse nos tres eixos. Os dous paneis solares proporcionaban 955 W de potencia, alimentando dúas baterías de níquel-cadmio para os períodos de eclipse. Usaban transpondedores nas bandas C e L para as comunicacións. Foron lanzados en 1981 e 1984 mediante foguetes Ariane 1 e Ariane 3.[4][1]
Representan a segunda xeración de satélites Inmarsat. Lanzados entre 1990 e 1992 mediante foguetes Delta e Ariane, usaban o bus Eurostar 1000 e estabilizábanse nos tres eixos. Teñen unha masa de 1310 kg.[5][1]
Os Inmarsat da serie 3 foron fabricados por Lockheed Martin usando o bus AS 4000, coa carga útil construída por Matra Marconi Space. Levan a bordo transpondedores en banda L e C e foron lanzados entre 1996 e 1998.[6][1]
Os Inmarsat 4 foron a cuarta xeración de satélites Inmarsat, construídos baixo o bus Eurostar 3000GM por Astrium. Teñen dez veces a capacidade da xeración anterior en canto a comunicacións e proporcionan servizos móbiles e de alta velocidade. Usan exclusivamente a banda L e foron lanzados entre 2005 e 2008.[7][1]
Inmarsat-4A F4, tamén chamado Alphasat, foi un satélite conxunto entre a ESA e Inmarsat usando o bus Alphabus para validalo comercialmente. O satélite usa un novo procesador de sinais e ten un reflector para a antena de 12 m de diámetro. Ten unha masa de 6649 kg, os paneis proporcionanlle 12 kW de potencia e ten unha vida esperada de 15 anos. Usa transpondedores exclusivamente en banda L e foi lanzado o 25 de xullo de 2013 mediante un foguete Ariane 5.[8][1]
Cada satélite Inmarsat-t leva a bordo 89 transpondedores en banda Ka. Usan o bus BSS 702HP de Boeing e teñen unha masa duns 6000 kg. Os paneis solares proporcionanlles ata 15 kW de potencia e usan un sistema de propulsión iónica para as súas manobras.[9][1]
Inmarsat-S-EAN é produto da alianza entre Inmarsat e HellasSat. Construído por Thales Alenia Space sobre o bus Spacebus 4000C4, ten unha masa de 5780 kg, un tempo esperado de vida de 15 anos e leva a bordo transpondedores en banda S, banda Ku e banda Ka. Foi lanzado o 28 de xuño de 2017 mediante un Ariane 5.[10][1]
O Inmarsat-5 F5, construído por Thales Alenia Space sobre o bus Spacebus 4000B2, ten unha masa de 4008 kg, 16 anos de esperanza de vida e 72 transpondedores en banda Ka. Os seus paneis solares proporciónanlle 6,8 kW de potencia e foi lanzado o 26 de novembro de 2019 mediante un Ariane 5.[11][1]
Inmarsat-6 F1 e F2 pertencen á sexta xeración de satélites Inmarsat e están pensados para aumentar os servizos sobre banda L e banda Ka. Foron construídos por Airbus Defence and Space usando o bus Eurostar-3000EOR. Teñen unha masa de 5470 kg, unha antena de 9 m de apertura para banda L, nove antenas multifeixe para banda Ka e dous paneis solares. O Inmarsat-6 F1 foi lanzado o 22 de decembro de 2021 mediante un foguete H-2A e o F2 foi lanzado o 18 de febreiro de 2023 mediante un Falcon 9.[12][1]
Misión[1][2][4][5][6][7][8][9][10][11][12] | Data de lanzamento[1][2][4][5][6][7][8][9][10][11][12] | Foguete lanzador[1][2][4][5][6][7][8][9][10][11][12] | Notas[1][2][4][5][6][7][8][9][10][11][12] |
---|---|---|---|
Marisat 1 | 19 de febreiro de 1976 | Delta 2914 | Éxito |
Marisat 2 | 10 de xuño de 1976 | Delta 2914 | Éxito |
Marisat 3 | 14 de outubro de 1976 | Delta 2914 | Éxito |
MARECS A | 20 de decembro de 1981 | Ariane 1 | Éxito |
MARECS B | 9 de setembro de 1982 | Ariane 1 | Fallo |
MARECS B2 | 10 de novembro de 1984 | Ariane 3 | Éxito |
Inmarsat-2 F1 | 30 de outubro de 1990 | Delta 6925 | Éxito |
Inmarsat-2 F2 | 8 de marzo de 1991 | Delta 6925 | Éxito |
Inmarsat-2 F3 | 16 de decembro de 1991 | Ariane 4 | Éxito |
Inmarsat-2 F4 | 15 de abril de 1992 | Ariane 4 | Éxito |
Inmarsat-3 F1 | 3 de abril de 1996 | Atlas IIA | Éxito |
Inmarsat-3 F2 | 6 de setembro de 1996 | Proton K Blok DM1 | Éxito |
Inmarsat-3 F3 | 18 de decembro de 1996 | Atlas IIA | Éxito |
Inmarsat-3 F4 | 3 de xuño de 1997 | Ariane 4 | Éxito |
Inmarsat-3 F5 | 4 de febreiro de 1998 | Ariane 4 | Éxito |
Inmarsat-4 F1 | 11 de marzo de 2005 | Atlas 5 | Éxito |
Inmarsat-4 F2 | 8 de novembro de 2005 | Zenit 3SL | Éxito |
Inmarsat-4 F3 | 18 de agosto de 2008 | Proton M Briz M | Éxito |
Inmarsat-4A F4 (Alphasat) | 25 de xullo de 2013 | Ariane 5 | Éxito |
Inmarsat-5 F1 | 8 de decembro de 2013 | Proton M Briz M | Éxito |
Inmarsat-5 F2 | 1 de febreiro de 2015 | Proton M Briz M | Éxito |
Inmarsat-5 F3 | 28 de agosto de 2015 | Proton M Briz M | Éxito |
Inmarsat-5 F4 | 15 de maio de 2017 | Falcon 9 | Éxito |
Inmarsat-S-EAN (HellasSat 3) | 28 de xuño de 2017 | Ariane 5 | Éxito |
Inmarsat-5 F5 | 26 de novembro de 2019 | Ariane 5 | Éxito |
Inmarsat-6 F1 | 22 de decembro de 2021 | H-2A | Éxito |
Inmarsat-6 F2 | 18 de febreiro de 2023 | Falcon 9 | Éxito |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.