Infidelidade

From Wikipedia, the free encyclopedia

Infidelidade

A infidelidade refírese, popularmente, ás relacións afectuosas do tipo romántico, a curto ou longo prazo, estabelecidas con persoas distintas do vínculo oficial[1][2] que a miúdo se manteñen en segredo por considerarse como unha ameaza á institución familiar.[3] A infidelidade pode significar a carencia de lealdade ou quebrantamento da mesma cara a calquera compromiso moral como a relixión, a amizade, o matrimonio (situación que se coñece como adulterio) ou calquera outra relación amorosa ou erótica.

Thumb
Diagrama da infidelidade: O individuo no centro mantén polo menos dúas relacións amorosas paralelas. As liñas en verde na parte superior representan dúas relacións “formais” ou “oficiais”, cada unha das parellas nos extremos descoñece a existencia da outra. A liña punteada e en vermello na parte inferior mostra unha relación “non oficial”, na cal se pode coñecer a existencia da outra persoa involucrada.

A infidelidade amorosa, acepción coa que se adoita asociar o termo, é descrita, grosso modo, como a falta ó pacto normativo que limita o número de persoas involucradas nunha relación amorosa ou erótica e, por tanto, a prohibición de manter outras de forma paralela, sexan ocasionais ou continuas. De forma que, nas relacións con tradición monogámica a inclusión dun terceiro supón unha violación do acordo, mentres que en relacións poliamorosas prodúcese ó involucrar a persoas alleas ó círculo aceptado. Baixo esta definición, ser infiel é rachar de forma consciente un acordo afectivo ou sexual preestablecido para o tipo de relación escollida.[4]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.