Indira Gāndhi

Primeira Ministra da India (1966–1977, 1980–1984) From Wikipedia, the free encyclopedia

Indira Gāndhi

Indira Priyadarshini Gandhi, nada co apelido Nehru en Allahabad o 17 de novembro de 1917 e finada en Delhi o 31 de outubro de 1984, foi unha política india e figura central do Congreso Nacional Indio.[1] Foi a primeira e, polo momento, única muller que exerceu como Primeira Ministra da India. Indira Gandhi era a filla de Jawaharlal Nehru, o primeiro Primeiro Ministro da India. Ela exerceu o poder no seu país entre o 19 de xaneiro de 1966 até o 24 de marzo de 1977, e novamente dende o 14 de xaneiro de 1980 até o seu asasinato en 1984, levado a cabo por extremistas sikhs. É a segunda Primeira Ministra da India que máis tempo ocupou o seu cargo, só por detrás do seu pai.[2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Indira Gāndhi
Thumb
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1917
Prayagraj, India
Morte31 de outubro de 1984 (66 anos)
Nova Deli, India
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo
Lugar de sepulturaRaj Ghat
Ministra de Asuntos Exteriores da India
19 de xullo de 1984 – 31 de outubro de 1984
 P. V. Narasimha RaoRajiv Gandhi 
3ª Primeiro ministro da India
14 de xaneiro de 1980 – 31 de outubro de 1984
 Chaudhary Charan SinghRajiv Gandhi 
Ministra de Defensa da India
14 de xaneiro de 1980 – 15 de xaneiro de 1982
 Chidambaram Subramaniam (en) R. Venkataraman 
Ministra de Defensa da India
30 de novembro de 1975 – 20 de decembro de 1975
 Swaran Singh (en) Bansi Lal (en)  
Ministro do Interior da India
27 de xuño de 1970 – 4 de febreiro de 1973
 Yashwantrao ChavanUma Shankar Dikshit (en)  
Ministra de Finanzas da India
16 de xullo de 1969 – 27 de xuño de 1970
 Morarji DesaiYashwantrao Chavan 
Ministra de Asuntos Exteriores da India
6 de setembro de 1967 – 13 de febreiro de 1969
 Mahomed Ali Currim ChaglaDinesh Singh (en)  
3ª Primeiro ministro da India
24 de xaneiro de 1966 – 24 de marzo de 1977
 Gulzarilal NandaMorarji Desai 
Minister of Information and Broadcasting (en)
1964 – 1966
 Satya Narayan Sinha (en) Kodardas Kalidas Shah (en)  
Membro do Rajya Sabha
1964 – 1984
Member of the 7th Lok Sabha (en)
Membro do Lok Sabha
Datos persoais
ResidenciaNova Deli
Raebareli (pt)
RelixiónHinduísmo
EducaciónSomerville College - ciencia histórica (1937–)
Badminton School (en)
Visva-Bharati University (en)
Patha Bhavana (en)
Actividade
Campo de traballoPolítica
Ocupaciónpolítica, escritora
Partido políticoCongreso Nacional Indio
Membro de
Participou en
1952Terceira Conferencia Internacional sobre Planificación Familiar
Familia
FamiliaFamilia Nehru-Gandhi
CónxuxeFeroze Gandhi (1942–1960)
FillosRajiv Gandhi, Sanjay Gandhi
PaisJawaharlal Nehru   e Kamala Nehru
ParentesSonia Gandhi, nora
Cronoloxía
Funeral de Estado (pt)
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ганди Индира)
Obálky knih,
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi
WikiTree: Nehru-5
Pechar

Traxectoria

Durante a época de goberno de Nehru como Primeiro Ministro da India dende 1947 até 1964, Gandhi foi considerada unha asistente chave que o acompañou nas súas numerosos viaxes ó estranxeiro.[3] Foi elixida como Presidenta do Congreso Nacional Indio en 1959. Logo da morte do seu pai en 1964, foi nomeada membro da Rajya Sabha (cámara alta) e membro do gabinete de Lal Bahadur Shastri como Ministra de Información e Radiodifusión.[4] Na elección de liderado parlamentario do Partido do Congreso celebrada a comezos de 1966 (logo da morte de Shastri), ela derrotou ó seu rival Morarji Desai para se converter en líder, e así sucedeu a Shastri como Primeira Ministra da India.

Como Primeira Ministra, Gandhi foi coñecida pola súa política intransixente e pola centralización de poder sen precedentes. Entrou en guerra con Paquistán en apoio do movemento de independencia de Paquistán Oriental e nunha guerra de independencia, a cal deu como resultado unha vitoria india e a creación do estado de Bangladesh. Ademais isto provocou o incremento da influencia da India, que se converteu nunha potencia rexional de Asia Meridional. Citando tendencias separatistas, e en respota dunha chamada pola revolución, Gandhi instituíu o estado de emerxencia no país entre 1975 e 1977, onde as liberdades civís básicas foron suspendidas e a prensa foi censurada. Durante a emerxencia leváronse a cabo atrocidades xeneralizadas.[5] Na década de 1980, regresou ó poder logo de eleccións libres. Logo de que Gandhi ordenase unha acción militar no Templo Dourado como parte da Operación Blue Star, os seus propios gardacostas e nacionalistas sikh asasinárona o 31 de outubro de 1984.

En 1999, Indira Gandhi foi nomeada "Muller do Milenio" nunha enquisa en liña organizada pola BBC.[6] En 2020, Gandhi foi nomeada pola revista Time como unha das 100 mulleres máis poderosas do mundo que definiron o século pasado.[7][8]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.