Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
En lingüística, semiótica e filosofía da linguaxe, a indicidade ou indexicalidade (en inglés: indexicality) refírese a un enunciado ou comportamento (un indicio) que apunta cara a un estado de cousas. Exemplos de indicios son: eu, que se refire a quenquera que estea a falar; agora, que se refire ao tempo no cal se enuncia esta palabra; ou aquí, que se refire ao lugar onde se produce a enunciación.[1]
Segundo Charles Sanders Peirce, a indicidade é unha das tres modalidades do signo[2], polo que se trataría dun fenómeno que se estende alén da linguaxe. Dende o punto de vista da antropoloxía, verbi gratia, a indicidade incluiría calquera elemento (roupa, variedades de fala, modais na mesa...) que apunte cara a identidade ou status social dunha persoa.[3] Outro exemplo de indicidade non lingüística é sinalar un obxecto co dedo, no canto de enunciar o seu nome.[2][4]
Os indicios lingüísticos puros reciben o nome de deícticos.[1] Os deícticos posúen un modo contextual de referencia, xa que o receptor da mensaxe necesita coñecer ao emisor ou o contexto para captar o referente.[1] Xeralmente, os indicios acompáñanse de xestos ou outras expresións non verbais.[4] Por outra banda, existen tamén indicios lingüísticos non referenciais, como marcadores de xénero ou da clase social do falante.[1][3]
Os indicios aseméllanse aos demostrativos (isto, iso...), xa que ambos tipos de expresións varían en función da situación. Porén, algúns teóricos propoñen que se trata de categorías diferentes de palabras.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.