Independence Hall
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Independence Hall é un monumento nacional (National landmark) dos Estados Unidos de América situado en Filadelfia (Pensilvania), en Chestnut Street, entre as rúas Quinta e Sexta. É coñecido fundamentalmente como o lugar no que se debateu e adoptou a Declaración de Independencia dos Estados Unidos. O edificio forma parte do Parque Nacional Histórico da Independencia, e foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Pensilvania | |||
Condado | Philadelphia County (en) | |||
Cidade | Filadelfia | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 2 ha | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1753 | |||
Evento clave
| ||||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vi) | |||
Identificador | 78 | |||
Páxina web | nps.gov… |
Independence Hall é un edificio de ladrillo vermello, construído entre 1732 e 1753 en estilo xeorxiano por Edmund Woolley como sede do goberno colonial de Pensilvania. No mesmo quinteiro (Independence Square) atópanse o antigo concello (Old City Hall), ao leste, e o congreso (Congress Hall), ao oeste, así como Philosophical Hall, a sede orixinal da Sociedade Filosófica Americana.
No campanario do Independence Hall estivo orixinalmente a Campá da Liberdade (Liberty Bell); desde a Exposición Internacional do Centenario de 1876 alberga unha Campá do Centenario (Centennial Bell).
En Independence Hall reuníronse os delegados das Trece Colonias no Segundo Congreso Continental durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos, entre 1775 e 1783, e asináronse a Declaración de Independencia (4 de xullo de 1776) e, máis tarde, os Artigos da Confederación e a Constitución dos Estados Unidos de América.
O 14 de xuño de 1775, os delegados reunidos na sala de asembleas (Assembly Room) nomearon a George Washington comandante do Exército Continental.
O 7 de xuño de 1776, Richard Henry Lee, delegado de Virxinia, propuxo ao congreso continental unha resolución para a redacción dunha Declaración de Independencia. A versión definitiva do documento terminouse o 2 de xullo e, finalmente, coa súa ratificación o 4 de xullo de 1776, os Estados Unidos declararon a súa independencia do Imperio Británico.
En setembro de 1777, o Exército Británico ocupou Filadelfia, e o Congreso Continental tivo que fuxir a York (Pensilvania); non regresou ata o 2 de xullo de 1778.
Entre 1790 e 1800, Filadelfia foi a sede do goberno federal dos Estados Unidos; Independence Hall serviu de sede executiva (Capitol Building).
O 18 de outubro de 1918, Tomás Masaryk proclamou a independencia de Checoslovaquia nas escaleiras do Independence Hall.
En 1948, o interior do edificio foi restaurado e recuperou o seu aspecto orixinal. Ese mesmo ano creouse o Parque Nacional Histórico da Independencia para protexer os monumentos asociados coa Guerra da Independencia.
Logo dos atentados do 11 de setembro de 2001, o acceso ó Independence Square está limitado por barreiras e vixilantes; desde xaneiro de 2007, revisouse o plan de seguridade para substituír a barreira por bolardos e cadeas móbiles.
Independence Hall aparece no reverso dos billetes de 100 dólares e na moeda de medio dólar conmemorativa do bicentenario. No reverso dos billetes de 2 dólares aparece unha reprodución do cadro Declaración de Independencia, do pintor John Trumbull.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Independence Hall |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.