Incendies

filme de 2010 dirixido por Denis Villeneuve From Wikipedia, the free encyclopedia

Incendies é un filme canadense de 2010 dirixido por Denis Villeneuve, quen tamén escribiu o guión xunto con Valérie Beaugrand-Champagne. É unha adaptación da obra homónima de Wajdi Mouawad e está protagonizado por Lubna Azabal, Mélissa Désormeaux-Poulin, Maxim Gaudette e Rémy Girard. Estreouse nos Festivais de Cinema de Venecia e Toronto en setembro de 2010 e no Quebec o 17 de setembro de 2010. Recibiu a aclamación da crítica no Canadá e conseguiu numerosos premios. No 2011, foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 83ª edición dos premios.

Datos rápidos Ficha técnica, Título orixinal ...
Incendies
Ficha técnica
Título orixinalIncendies
DirectorDenis Villeneuve
ProdutorLuc Déry
Kim McCraw
GuiónDenis Villeneuve
Valérie Beaugrand-Champagne
Baseado enIncendies de Wajdi Mouawad
Intérpretes
  • Lubna Azabal
  • Mélissa Désormeaux-Poulin
  • Maxim Gaudette
  • Rémy Girard
MúsicaGrégoire Hetzel
FotografíaAndré Turpin
MontaxeMonique Dartonne
Estudiomicro_scope[1]
DistribuidoraE1 Entertainment
EstreaFestival de Cinema de Telluride:
17 de setembro de 2010
Duración130 minutos
Orixe Canadá
XéneroDrama
Orzamento6,5 millóns de dólares[2]
Recadación16 millóns de dólares[3]
Na rede
http://www.trinityfilm.co.uk/films/incendies/
Filmaffinity: 551964 Allocine: 179349 Mojo: incendies TCM: 826351 TV.com: movies/incendies
Pechar

Sinopse

Tralo falecemento de Nawal Marwan, unha inmigrante canadense, os seus dous fillos, Jeanne e Simon, reúnense co notario Jean Lebel, empregador da súa nai e amigo da famlia. O testamento de Nawal fai referencia a unha promesa incumprida, negándolle a ela unha lápida e un cadaleito a non ser que Jeanne e Simon rastrexen o seu misterioso irmán, do que descoñecían a súa existencia, e o seu pai, a quen crían morto.

Personaxes

  • Lubna Azabal como Nawal Marwan
  • Mélissa Désormeaux-Poulin como Jeanne Marwan
  • Maxim Gaudette como Simon Marwan
  • Rémy Girard como Jean Lebel
  • Abdelghafour Elaaziz como Abou Tarek/Nihad "Nihad de Mai" Harmanni
  • Allen Altman como Notary Maddad
  • Mohamed Majd como Chamseddine
  • Nabil Sawalha como Fahim
  • Baya Belal como Maika
  • Bader Alami como Nicolas
  • Karim Babin como garda de Chamseddine
  • Anthony Ecclissi como Lifeguard
  • Joyce Raie como Student Journalist
  • Yousef Shweihat como Sharif
  • Celine Soulier como xornalista francés
  • Mher Karakashian como asistente de Chamseddine

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.