Imperio Galo
estado rebelde do Imperio Romano no século III From Wikipedia, the free encyclopedia
O Imperio Galo, Imperio Gálico (en latín: Imperium Galliarum ou Imperium Gallicum) ou Imperio Galorromano son nomes utilizados na historiografía moderna para unha parte disidente do Imperio Romano que funcionou de facto como un estado separado dende 260 ata 274. Orixinouse durante a crise do século III, cando unha serie de xefes militares e aristócratas romanos se declararon emperadores e tomaron o control da Galia e das provincias adxacentes sen tentar conquistar Italia ou apoderarse doutro xeito do aparato administrativo central romano.[1]
Imperium Galliarum (la) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Colonia | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua latina | |||
Relixión | relixión na Roma antiga | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 260 | |||
Disolución | 274 (Gregoriano) | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía absoluta | |||
• Xefe de estado | emperador do Imperio Galo | |||
O Imperio Galo foi establecido por Póstumo no ano 260 a raíz das invasións bárbaras e da inestabilidade en Roma, e no seu apoxeo incluíu os territorios de Xermania, Galia, Britania e (durante un tempo) Hispania. Despois do asasinato de Póstumo en 269 perdeu gran parte do seu territorio, pero continuou baixo unha serie de emperadores e usurpadores. Foi retomada polo emperador romano Aureliano despois da batalla dos Campos Cataláunicos en 274.
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.