From Wikipedia, the free encyclopedia
Bau é unha pequena illa, de aproximadamente 8 hectáreas das Fidxi, a uns centos de metros da costa leste da illa principal de Viti Levu, na provincia de Tailevu. Bau saltou á fama a mediados do século XIX e converteuse na illa dominante das Fidxi ata a súa cesión ao Reino Unido. Aínda mantén a súa influencia na política e o liderado na Fidxi moderna.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
País insular | Fidxi | |||
División | División Central, Fidxi | |||
Provincia | Tailevu (pt) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 0,08 km² | |||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Bau é a capital da Confederación Kubuna (tribo Kubuna) e o centro principal na Provincia Tailevu. Divídese en tres aldeas Bau, Lasakau e Soso.
Entre os monumentos de Bau están a antiga Igrexa Cristiá e unha pedra na que se esmagaban os cranios das vítimas do canibalismo.
A lingua fidxiana ten moitos dialectos, pero a lingua oficial baséase na fala Bauan de Bau.[1]
Foi en Kubuna onde o ancestral gran xefe, Ratu Vueti[2] Koroi-Ratu mai Bulu, Serui-Ratu mai Bulu, o primeiro Roko Tui Bau Vuani-ivi (segundo a lenda era a cuarta xeración de Ratu Lutunasobasoba) estableceu o Reino de Kubuna e formou un dos máis antigos asentamentos coñecidos nas Fidxi.
A illa ten un significado histórico e político único en Fidxi, xa que é a orixe da unificación de todo o arquipélago.
Bau está habitada por unhas 300 persoas, aínda que se estima que nun tempo foi habitada por preto de 3.000 persoas. É aínda sagrada aos ollos de moitos Fidxianos, a illa está prohibida aos estranxeiros, salvo autorización especial.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.