Illa Ukerewe
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa Ukerewe (en inglés: Ukerewe island) é unha illa lacustre africana pertencente a Tanzania, a maior illa do lago Vitoria, a 5º maior illa lacustre do mundo e a maior illa interior de África, cunha superficie de aproximadamente 530 km².[1] Forma parte do Distrito Ukerewe, que se atopa a 45 km ao norte de Mwanza, á que está unida por transbordador,[2] e tamén dispón dun transbordador de vehículos máis curto que percorre 3´8 km e une a illa a través da canle Rugezi cun camiño de terra na beira oriental do lago, que se estende a Kibara e Musoma. O litoral da illa Ukerewe está formado por numerosas baías e está rodeado polo menos dunha ducia de illas menores. A súa comunidade máis grande é Nansio.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Rexión de Mwanza, Tanzania e Ukerewe, Tanzania (pt) | |||
Localización | Lago Vitoria | |||
| ||||
Bañado por | Lago Vitoria | |||
Características | ||||
Altitude | 1.274 m | |||
Dimensións | 21 () × 47 () km | |||
Superficie | 530 km² | |||
A illa Ukerewe é coñecida por ter unha gran poboación de africanos con albinismo. Moitos dos primeiros que chegaron a vivir alí foron levados e abandonados na illa polas súas familias cando eran pícaros. Malia que comprende unha porcentaxe excepcionalmente alto da poboación da illa, seguen sendo, como en Tanzania, unha minoría oprimida.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.