Illa Tablas
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tablas é a máis grande das illas que compoñen a provincia de Romblón en Filipinas. O nome da illa é de orixe española. Antes da colonización de Filipinas, Tablas era coñecida como a Illa de Osigan. No momento do contacto cos occidentais, "Osigan" tiña unha poboación de douscentos cincuenta habitantes que vivían en pequenas aldeas. Nesta illa producíase cera.[1]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 144.000 (171,6 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 839,156 km² | |||
Medición | 18 () × 65 () km | |||
Bañado por | Mar de Sibuyan (pt) | |||
Altitude | 665 m | |||
Odiongan, na costa oeste central da illa, é un porto importante e o municipio máis grande de Romblón en termos de poboación. Tablas está administrativamente subdividida nos concellos de Alcantara, Calatrava, Ferrol, Looc, Odiongan, San Agustín, San Andres, Santa Fe, e Santa Maria.
A illa atópase ao redor de 50 km ao leste da parte meridional da illa de Mindoro. O extremo norte de Tablas está preto de 12 km da illa Romblón. O monte Payaopao (tamén coñecido como Tablas Summit) no extremo nordés da illa, é o pico máis alto da illa con 665 m. e o segundo máis alto da provincia (logo do Monte Guiting-Guiting).[2][3]
Non hai un bo porto natural agás Baía Looc, unha gran hendidura no lado oeste, pero pódese atopar un ancoradoiro protexido a ambos os dous lados da illa, de acordo coa estación do ano.[4]
Punta Cabalian, a extremidade meridional da illa de Tablas, é baixa e areosa e difícil distinguir na noite, construíuse un faro durante o período colonial americano.
Debido á escasa comercialización Tablas viuse pouco afectado polo turismo e aínda ofrece unha forte experiencia cultural tradicional de Filipinas. Con todo, os aloxamentos e os complexos turísticos están dispoñibles ao redor da illa.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.