Illa Stewart

From Wikipedia, the free encyclopedia

Illa Stewart

A Illa Stewart de Nova Zelandia é a terceira illa de maior tamaño deste país. Atópase situada a 30 km ao sur da illa Sur separada desta polo Estreito de Foveaux. Ten 400 habitantes aproximadamente, a maioría están establecidos na cidade de Oban.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Illa Stewart
Stewart Island (en)
Thumb

Localización
Thumb
 47°00′S 167°54′L
Reinos da CommonwealthNova Zelandia
RexiónSouthland
DistritoDistrito de Southland
Poboación
Poboación381 (2013) (0,22 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1.746 km²
Bañado porOcéano Pacífico e Estreito de Foveaux (pt)
Altitude980 m
Punto máis altoMonte Anglem (pt) (980 m)
Identificador descritivo
Fuso horario
Santuario internacional do ceo estrelado
Data2019

Pechar

O nome maorí para esta illa é Rakiura.

Xeografía

Thumb

Thumb
Imaxe de satélite da illa de Stewart/Rakiura
Thumb
Parte norte da illa Stewart, vista sobre algunhas das baías

Posúe unha área de 1680 km².[1] É montañosa e ten un clima húmido. A zona norte desta illa está dominada polo val pantanoso do río Freshwater. Este río nace preto da costa noroeste da illa con dirección sueste na gran depresión da enseada Paterson. O maior pico é o monte Anglem, preto da costa norte, con 979 metros.

A metade sur é máis ondulada, subindo a un cordal que se estende ao sur do val do río Rakeahua, que tamén desemboca na enseada Paterson. O punto máis ao sueste cordal é o monte Allen, de 750 m. No sueste a terra é algo máis baixa, e é regada polos vales do Río Toitoi, Río Lords, e Río Heron. South West Cape nesta illa é o punto máis meridional das illas principais de Nova Zelandia.

Tres illas grandes e moitos illotes atópanse ao redor da costa. Entre elas destacan Illa Ruapuke, no estreito Foveaux a | 32 km ao nordés de Oban, Illa Codfish (Illa Bacallau), preto da costa noroeste; e a illa Big South Cape, no extremo sueste. Outras illas son grupo de illas Titi/Muttonbird, na desembocadura da enseada Paterson atópanse illa Bench, illa Native, e Ulva. A illa Pearl, Anchorage, e illa Noble, rosean Port Pegasus no sueste. Mar dentro The Snares son illas oceánicas, un volcán e algúns illotes máis pequenos, que nunca estiveron conectadas á maior illa de Stewart.

O clima da illa de Stewart é suave para temperaturas.[2] Con todo, unha guía de viaxes menciona "frecuentes chuvias que fan obrigatorias as 'botas e roupa impermeable'",[3] e outra guía di que as choivas en Oban, a capital, son de 1600 a 1800 mm. ao ano.[4]

Anomalía xeomagnética

Debido a unha anomalía nos contornos de latitudes magnéticas, este lugar está ben situado para observar Aurora polar.

Historia

O capitán James Cook foi o primeiro europeo en divisar esta illa, aínda que el pensou que se atopaba pegada á Illa Sur e nomeouna como "Cabo Sur", en 1770. Recentemente ao comezo do século XIX, os europeos déronse conta que era unha illa. Chamoulla Stewart en honra ao capitán William Stewart, que en 1809 foi o primeiro en facer unha carta de navegación da illa.

Cidades

A única cidade é Oban, que se atopa situada na Baía Half Moon. Un asentamento anterior era Point Pegasus, que contaba con correo, varias negocios e estaba situada na costa sur da illa. Actualmente atópase deshabitada e só é accesible por mar ou logo dunha difícil excursión atravesando a illa.

Thumb
Illa Stewart

Notas

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.