Illa Simeulue

From Wikipedia, the free encyclopedia

Illa Simeulue

Simeulue é unha illa de Indonesia, a 150 km da costa oeste de Sumatra. A súa capital é Sinabang.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Illa Simeulue
Thumb
Tipoilla
Parte deIllas maiores da Sonda
Situado na entidade xeográficaIllas maiores da Sonda
Localización
División administrativaSimeulue, Indonesia (en)
Thumb Thumb
 2°36′42″N 96°05′45″L
Bañado porOcéano Índico
Características
Superficie1.754 km²
Pechar
Thumb
Lavado da medula da palma de sagú (Metroxylon sagu); Simeulue

Simeulue foi unha vez unha parte da rexencia do oeste de Aceh pero separouse en 1999 e converteuse nunha Rexencia separada de Simeulue.

Demografía

Desde o punto de vista étnico os habitantes de Simeulue son similares á xente da veciña illa Nias. Dúas linguas e unha serie de dialectos fálanse na illa: Devayan e Sigulai, que son diferentes das linguas faladas no norte de Sumatra. A maioría da poboación da illa é musulmá.

Terremoto no océano Índico de 2004

Simeulue estivo preto do epicentro do terremoto do 9 de decembro de 2004.

O 28 de marzo de 2005, un terremoto de magnitude 8´7 impactou co seu epicentro xusto á beira do extremo sur da illa.[1] Durante o terremoto, Simeulue levantouse polo menos 1´8 metros na costa occidental. Isto deixou a parte superior plana dos seus arrecifes de coral por encima da marea alta. Na costa leste, a terra mergullouse, coa auga de mar inundando campos e asentamentos.[2]

Sabedoría local

Aínda que a illa de Simeulue estaba a só 60 quilómetros do epicentro, mentres que Banda Aceh estaba a uns 250 quilómetros, só morreron seis residentes mentres que os 70.000 restantes quedaron a salvo, debido á sabedoría local chamada smong, esta dicta que logo dun terremoto, se a marea retrocede repentinamente, a xente debe evacuar a un terreo máis alto tan axiña que como sexa posible.[3]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.