Troia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Troiamap

Troia (grego antigo: Τροία, Troia ou Τροίας, Troias e Ἴλιον, Ilion ou Ἴλιος, Ilios; latín: Troia e Ilium;[note 1] Hitita: 𒌷𒃾𒇻𒊭 Wilusa ou 𒋫𒊒𒄿𒊭 Truwisa;[1][2] turco: Truva ou Troya) foi unha cidade tanto histórica como lendaria, no extremo noroeste da rexión coñecida a finais de antigüidade clásica como Asia Menor, agora coñecida como Anatolia na Turquía moderna, xusto ao sur da boca suroeste do estreito dos Dardanelos e o noroeste do Monte Ida. A localización actual é coñecida como Hisarlik. Foi o escenario da guerra de Troia descrita no Ciclo troiano, en particular na Ilíada, un dos dous poemas épicos atribuídos a Homero, quen a compuxo ao redor do século IX ou VIII a.C., aínda que contén material máis antigo. Homero tamén fai referencia a Troia na Odisea. A lenda homérica de Troia foi continuada polo poeta romano Virxilio na Eneida. A evidencia métrica da Ilíada e da Odisea suxire que o nome Ἴλιον (Ilion) anteriormente comezaba co digamma: Ϝίλιον (Wilion); este tamén é apoiado polo nome hitita para o que se cre que é a mesma cidade, Wilusa.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Modelo:Xeografía físicaTroia
(grc) Τροία Editar o valor en Wikidata
Thumb
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Parte deMitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Çanakkale, Turquía e Çanakkale, Turquía Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónHisarlik Editar o valor en Wikidata
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 39°57′27″N 26°14′20″L
Composto por
Características
Superficie158 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural   Europa-América do Norte
Data1998 (22ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iii) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador849
Historia
Data de creación ou fundación3000 a. C. Editar o valor en Wikidata
Data de disolución, retirada ou demolición500 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Guerra de Troia Editar o valor en Wikidata

Páxina webmuze.gov.tr… Editar o valor en Wikidata
Pechar

A Troia histórica estaba situada no estreito dos Dardánelos (Helesponto), entre os ríos Escamandro (ou Xanto) e Simois, e ocupaba unha posición estratéxica no acceso ao Mar Negro (Ponto Euxino).

Historia

Thumb
Mapa de situación e plano do sitio arqueolóxico de Hissarlik, considerado como a localización da Troia homérica.
Thumb
Plano do sitio arqueolóxico de Troia/Hissarlik.
Thumb
Corte estratigráfico do sitio arqueolóxico de Troia/Hissarlik

Troia (Ílion), cidade que, de acordo coa lenda grega, na narrativa de Homero na Ilíada, foi capturada polos gregos que tiñan por rei e xefe a Agamenón, despois dun sitio de dez anos. A Troia histórica foi descuberta por Heinrich Schliemann (1822-1890), en Hissarlik, no noroeste da Asia Menor, poucas millas no interiro do continente, a partir do mar Exeo. Schliemann era un comerciante alemán rico que dedicou os últimos 20 anos de vida á busca da cidade lendaria. As escavacións que dirixiu el entre 1870 e 1890, e por outros, posteriormente, revelaron nove períodos de ocupación. Os primeiros cinco pertencen á Idade de Bronce, entre 3000 e 2000 a. C. Troia II, en particular, foi unha comunidade que floreceu, con magníficas fortificacións e construcións domésticas, mais acabou sendo destruída por un grande incendio. Troia VI foi palco do influxo de novos colonizadores, que trouxeron cabalos, porén un terremoto arrasou a cidade, por volta do ano 1700 a. C.

Seguiu Troia VII, que se identifica coa Troia de Homero, e que enfrontou a esta cidade coa grega de Micenas, por volta do ano 1000 a. C. Tivo unha fase curta, pois a cidade logo foi destruída por un incendio. As indicacións son de que ese non foi un desastre accidental e de que estaba vinculado á captura da cidade por inimigos. Permaneceu desocupada probabelmente durante 400 anos, até o xurdimento de Troia VIII. Troia IX foi estabelecida no período romano.

Cine

A historia da guerra de Troia foi levada ao cine en varias ocasións.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.