From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha ikastola é un tipo de escola que dá ensino integral en éuscaro e está presente en todo Euskal Herria (maioritariamente no País Vasco, tamén presente en Navarra e en Iparralde).[1]
En cada territorio histórico, anualmente faise unha festa multitudinaria destinada a conseguir fondos para axudar economicamente ás ikastolas organizadoras, ou para sufragar a creación de novas ikastolas :
En 1914 fundouse a primeira ikastola. En 1932 creouse a primeira asociación de ikastolas.
A guerra civil española supuso a desaparición das ikastolas, polo que algúns grupos de pais ensinaron clandestinamente éuscaro ós seus fillos. Destacou como pioneira neste labor Elbira Zipitria (1906-1982), quen desde 1943 impartiu clases na súa propia casa de Donostia. [4]
Entre 1960 e 1975 deuse o gran crecemento das ikastolas. En 1964 creouse a primeira ikastola no País Vasco francés e en 1965 foi excepcionalmente legalizada unha ikastola en Bilbao.
En 1968 un Decreto constata a realidade da existencia de "numerosos nenos inscritos en centros non autorizados" e de "varios milleiros de nenos que asisten a centros que escapan de todo control". Ditos alumnos non podían obter o "Libro de Escolaridade", polo que tiñan vetado o acceso a estudos medios e superiores. Ante isto, as asociacións de pais conseguiron o apoio da Igrexa, co que se legalizaron as ikastolas baixo a responsabilidade das parroquias e ordes relixiosas. Algunhas, ademais, constituíronse como centros privados legais. En dito ano produciuse un feito de enorme importancia para o idioma vasco, pois procedeuse á súa unificación e normalización lingüística.
En 1969 fundouse a Federación Diocesana de Ikastolas, que coa chegada da democracia en 1978 converteuse nunha federación secular.
En outubro de 1980 a Consellería de Educación do Goberno Vasco firmou co Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) o Convenio de Ikastolas. Reguláronse así 1.738 aulas no País Vasco.
As ikastolas teñen un carácter autónomo e colaboran entre si a través das federacións de ikastolas. A Confederación de Ikastolas traballa a través de cinco federacións.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.