From Wikipedia, the free encyclopedia
Ikanogavialis é un xénero extinto de crocodiliano gavialoide griposuquino. Os seus fósiles encontráronse na Formación Urumaco de Venezuela. Os estratos nos que se atoparon os restos son do Mioceno tardío, e non do Plioceno como antes se pensaba.[1] Un posible membro deste xénero sobreviviu ata o Holoceno tardío nas illas Salomón.
Ikanogavialis Rango fósil: Mioceno tardío; posiblemente Plistoceno tardío/Holoceno se "Gavialis" papuensis forma parte do xénero | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Ikanogavialis tiña un fociño ancho dorsoventralmente e unha disintiva amosega entre os alvéolos do óso dentario e do maxilar.[2] As narinas externas proxectábanse anterodorsalmente desde o rostro. Isto pode considerarse unha característica plesiomórfica nos corcodilianos, pero dado que os primeiros gavialoideos posuían narinas externas proxectadas dorsalmente, esta característica pode considerarse que era a inversión dunha apomorfía gavialoidea de novo a unha plesiomorfía crocodiliana en vez de terse orixinado directamente a partir dun antepasado crocodiliano temperán.
A especie tipo de Ikanogavialis é I. gameroi. Foi nomeada en 1970 a partir de material atopado na Formación Urumaco. Un gavialoide do Plistoceno denominado Gavialis papuensis da illa Murua, das illas Salomón, ten algunhas vagas similitudes con Ikanogavialis e foi incluído no xénero en 1999,[3] xunto con outras formas de fociño delgado do Neoxeno de Suramérica e África.
Ikanogavialis crese que vivía en paleoambientes costeiros xunto con outros gaviais como Gryposuchus. Os estratos da Formación Urumaco foron depositados tanto en ambientes mariños coma fluviais, aínda que non está claro a que porción de ambos pertence o xénero.[4][5] Outros gavialoides como Siquisiquesuchus e Piscogavialis sábese que vivían en ambientes costeiros, e é probable que os gavialoides de auga doce existentes como Gavialis se puideron orixinar a partir destas formas da costa.[6][7] Ikanogavialis tamén convivía con moitos outros crocodilianos en Venezuela durante o Mioceno tardío incluíndo o caimán xigante Purussaurus e unha especie extinta de Melanosuchus.[8]
"Gavialis"/Ikanogavialis papuensis era igualmente completamente mariño, e atopouse en asociación con tartarugas mariñas e sirenios. Representa o crocodilo completamente mariño máis recente descuberto ata agora.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.