A Igrexa de Santiago de Pezós é a igrexa parroquial de Pezós, orixinalmente románica, como denota a ábsida; a súa bóveda está decorada con pinturas sobre a vida de Cristo. Ademais da ábsida, a igrexa componse dunha portada do século XV, unha capela lateral do XVII e outra fronte a ela do XIX. O edificio está construído con lousa revocada, reforzada nos recantos e ocos con perpiaños de pedra, e presenta tamén o teito de lousa.
Igrexa de Santiago de Pezós | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Pezós. | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | Santiago o Maior |
Localización | Pezós |
Coordenadas | 43°15′27″N 6°52′34″O |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Arquidiocese de Oviedo |
Arquitectura | |
Construción | XII |
Estilo | Románico |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa probablemente remóntase ao século XIII, ao se construír a ábsida da igrexa. Nos séculos XV, XVII e XIX sufriu sucesivas reformas e ampliacións.
A planta da igrexa semella unha cruz grega no interior, e o exterior ten forma cuadrangular. Os seus muros son de cachotería de lousa con reforzo nos recantos e ocos con perpiaños. O teito da nave principal é de dúas augas mentres que a das capelas é de tres.
A capela lateral situada ao norte, construída en 1638, está anexa á nave principal, éntrase nela por un arco de medio punto cuberto por unha bóveda de aresta nervada. Diante está a capela sur con teito plano.
O templo aloxa diversas tallas, unha pía bautismal, retablos do século XVIII e pinturas murais do século XV. Salienta o retablo da capela Villaamil Illano, obra de 1638 que se atribúe ao escultor da Mariña luguesa Pedro Sánchez de Agrela[1]. Na portada occidental aparece o distintivo xacobeo da vieira o que ilustra a existencia de camiños secundarios ou alteracións no Camiño de Santiago[2].
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.