From Wikipedia, the free encyclopedia
iNaturalist é un proxecto científico e cidadán e unha rede social conectada de naturalistas, científicos e biólogos co obxectivo de construír e mapear a biodiversidade en todo o globo compartindo observacións.[1] As observacións poden ser engadidas a través da páxina web ou dende unha aplicación móbil.[2][3] As observacións achegan valiosos datos abertos a unha gran variedade de proxectos investigadores científicos, museos, xardíns botánicos, parques, e outras organizacións.[4][5][6] Os usuarios de iNaturalist contribuíron con máis de dous millóns de observacións dende o súa creación no 2008, e o proxecto foi chamado "un líder das aplicacións móbiles de historia natural".[7] e o proxecto está considerado como "líder entre as aplicacións móbiles de historia natural."[8]
INaturalist | |
---|---|
Acrónimo | iNat |
Tipo | páxina web, base de datos en liña, proxecto de ciencia cidadá, base de datos taxonómica e comunidade en liña |
Data de fundación | 2008 |
Organización relacionada | Seek |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.inaturalist.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
iNaturalist.org comezou no 2008 como un proxecto final de Nate Agrin, Jessica Kline, e Ken-ichi Ueda, da Universidade de California, Berkeley.[9] Nate Agrin e Ken-ichi Ueda continuaron traballando no sitio con Sean McGregor, un desenvolvedor de web. No 2011, Ueda empezou a colaborar con Scott Loarie, un socio investigador en Universidade de Stanford e profesor universitario en Berkeley. Ueda e Loarie son os actuais co-directores de iNaturalist.org. O 24 de abril de 2014, iNaturalist.org fusionouse coa Academia de California de Ciencias.[10] No 2014, iNaturalist celebrou a súa observación un millón.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.