From Wikipedia, the free encyclopedia
The Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE, Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos, tamén lido i e ao cubo) é unha asociación técnico-profesional mundial dedicada á estandarización, entre outras cousas. É a maior asociación internacional sen fins de lucro formada por profesionais das novas tecnoloxías, como enxeñeiros eléctricos, enxeñeiros en electrónica, científicos da computación e enxeñeiros en telecomunicación.
Institute of Electrical and Electronics Engineers | |
---|---|
Sede das oficinas da corporación IEEE no andar 17 do 3 Park Avenue na Cidade de Nova York . | |
Tipo | Organización profesional |
Fundación | 1 de xaneiro de 1963 |
Localización | 3 Park Avenue, 17th Floor, Nova York Estados Unidos |
Fundador | Thomas Alva Edison, Alexander Graham Bell, Franklin Leonard Pope |
Persoas clave | Gordon Day |
Industria | Electricidade, electrónica, Telecomunicacións |
Produtos | Estándares industriais |
Beneficio | 330 millóns de dólares |
Número de empregados | 425.000 membros |
Na rede | |
https://www.ieee.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa creación remóntase ao ano 1884, contando entre os seus fundadores a personalidades do talle de Thomas Alva Edison, Alexander Graham Bell e Franklin Leonard Pope. En 1963 adoptou o nome de IEEE ao fusionarse asociacións como o American Institute of Electrical Engineers e o Institute of Radio Engineers.
A través dos seus membros, máis de 360.000 membros (dos cales son estudantes case 80.000) en 175 países, o IEEE é unha autoridade líder e de máximo prestixio nas áreas técnicas derivadas da eléctrica orixinal: desde enxeñería computacional, tecnoloxías biomédica e aeroespacial, ata as áreas de enerxía eléctrica, control, telecomunicacións e electrónica de consumo, entre outras.
Segundo o mesmo IEEE, o seu traballo é promover a creatividade, o desenvolvemento e a integración, compartir e aplicar os avances nas tecnoloxías da información, electrónica e ciencias en xeral para beneficio da humanidade e dos mesmos profesionais. Algúns dos seus estándares son:
Mediante as súas actividades de publicación técnica, conferencias e estándares baseados en consenso, o IEEE produce máis do 30% da literatura publicada no mundo sobre enxeñería eléctrica, en computación, telecomunicacións e tecnoloxía de control, organiza máis de 350 grandes conferencias ao ano en todo o mundo, e posúe preto de 900 estándares activos, con outros 700 máis baixo desenvolvemento.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.