Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hypositta corallirostris, xeralmente chamado vanga gabeador, é unha especie de ave paseriforme da familia Vangidae endémica de Madagascar. Os seus hábitats naturais son as selvas de terras baixas e bosques húmidos.
Hypositta corallirostris | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Hypositta corallirostris (A. Newton, 1863) |
É un paxaro pequeno que mide entre 13 e 14 cm.[2] A plumaxe do macho é de cor azul agrisada uniforme, agás o lorum e a base do peteiro, que son negros, en contraste co peteiro vermello intenso. Ao contrario, a femia ten as partes inferiores e a cabeza de tons pardo oliváceos, e as súas partes superiores son máis agrisadas que as dos machos. Os ollos de ambos os sexos son pardos escuros, e as súas patas agrisadas teñen dedas longas con grandes uñas curvadas que usan para agarrarse aos troncos das árbores.
A especie foi descrita por Alfred Newton en 1863 como Hypherpes corallirostris,[3] e en 1881 foi trasladada ao seu actual xénero, Hypositta, tamén creado por Newton porque Hypherpes fora asignado con anterioridade para clasificar escaravellos. Hypositta é un xénero monotípico clasificado dentro da familia Vangidae.
En 1996 engadiuse unha suposta nova especie ao xénero, Hypositta perdita, pero estudos xenéticos realizados en 2013 demostraron que os exemplares cos que fora definida eran en realidade xuvenís de Oxylabes madagascariensis cun morfo de cor rara,[4] polo que Hypositta corallirostris volveu quedar como único integrante do xénero.
Encóntrase unicamente nos bosques tropicais do leste de Madagascar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.