Homofonía (música)
textura musical From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Na música, Homofonía (do grego, "homófonos", onde ομοιο = o mesmo e φωνή = sons) é unha textura musical onde dúas ou máis partes musicais móvense simultaneamente dende o punto de vista harmónico, e cuxa relación forma acordes.

Remove ads
Características
A homofonía contraponse á polifonía posto que nesta as partes teñen independencia rítmica e melódica e onde non hai predominancia de ningunha parte. Na homofonía, en cambio, as partes acompañantes só dan un soporte harmónico á melodía, usualmente situada na voz superior. Na homofonía homorrítmica soa unha melodía que é acompañada por acordes.
Inicialmente, na Grecia Antiga, a homofonía indicaba aquela música na que a melodía era executada por dúas ou máis voces ao unísono ou en oitavas, é dicir, monofonía con varias voces.
A homofonía como termo apareceu por primeira vez en inglés con Charles Burney en 1776, salientando a concordia na melodía harmonizada.[1]
Remove ads
Historia
Homofonía na música occidental
Mentres que a homofonía pode ser escoitada en practicamente todas as tradicións musicais europeas, os primeiros exemplos rexistrados en notación musical, apareceron durante o período medieval en música de danzas, como a Estampie[2] Con todo, debido a que os manuscritos eran custosos, hai pouco material homofónico do medioevo, a maioría da música escrita sendo monofónica.[2] Houbo un rexistro semellante da homofonía no Renacemento.[3]
A homofonía apareceu como unha das texturas predominantes na música clásica no período barroco a comezos do século XVII, cando os compositores tomaban maiormente en conta a harmonía vertical para as súas creacións, o homofónico basso continuo converteuse nunha especialidade da época.[4] Os arranxos corais para catro voces, soprano, alto, tenor e baixo foi dende entón moi común na música clásica do occidente.[4] As primeiras aparicións da homofonía déronse na música sacra, substituíndo a polifonía e a monofonía como forma dominante, ademais de espallarse á música secular, onde permanece presente até os nosos días.
Na música clásica do século XX "algunhas das figuras de acompañamento baseadas nas tríades, como o baixo de Alberti [unha forma homofónica de acompañamento] desapareceu completamente do escenario composicional" e en vez apareceu unha clara distinción entre os materiais da melodía e a harmonía, comunmente evitando a duplicación. Con todo, algúns dispositivos tradicionais, como os acordes repetidos, séguense usando.[5]
O Jazz e outras formas de música popular moderna son xeralmente homofónicas, seguindo progresións harmónicas sobre as cales tocan unha melodía ou sinxelamente improvisan.
Homofonía na música non occidental
Aínda que a homofonía é máis familiar para occidente que para outras culturas musicais, apareceu de calquera xeito en varias delas.[6]
Cando o explorador Vasco da Gama desembarcou na África do oeste en 1497, mencionou que a música que escoito era: "doce harmonía".[7] Aínda que dita música puido ser polifónica, xa que o concepto de harmonía como o entendían nesa época non é necesariamente o mesmo que o concepto de homofonía comprendido polos teóricos actuais.[7]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads