From Wikipedia, the free encyclopedia
Homage to Catalonia é unha obra literaria de George Orwell, o seu relato persoal en primeira persoa sobre a experiencia vivida durante a guerra civil española. Editouse o 25 de abril de 1938.
Homage to Catalonia | |
---|---|
Título orixinal | Homage to Catalonia |
Autor/a | George Orwell |
Orixe | España |
Lingua | inglés |
Tema(s) | Spanish Civil War in Catalonia |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Harvill Secker |
Data de pub. | 25 de abril de 1938 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Orwell chegou a Barcelona en decembro de 1936 como membro do Independent Labour Party, e alistouse como miliciano do POUM, de tendencia trotskista. Foi enviado como soldado raso á fronte de Aragón. Nun permiso volveu a Barcelona, onde tomou partido nos sucesos de maio. Regresou á fronte e foi ascendido a oficial, pero un balazo na gorxa en Huesca o 20 de maio fixo que regresase a Barcelona. En xuño de 1937 ilegalizouse o POUM e comezou unha purga por parte de axentes do PCE (pro-stalinista), e Orwell viuse obrigado a fuxir de España, ó ver que moitos compañeiros de partido, mesmo estranxeiros coma el, foran apresados e fusilados.
No libro describe a súa admiración pola ausencia de estruturas de clase nalgunhas áreas dominadas por revolucionarios de orientación anarquista, que socializaran a industria, o comercio e o transporte en Barcelona, e as terras de labranza en zonas de Cataluña, Aragón e Andalucía. Orwell narra a súa chegada á Barcelona que bole a finais de 1936 na revolución libertaria, expresando a súa admiración pola mesma, e como a situación se foi degradando progresivamente, ata regresar a unha Barcelona onde mandaba a burguesía e non o proletariado, e onde a censura na prensa e as persecucións policiais estaban á orde do día.
Camareiros e dependentes miraban o cliente cara a cara e tratábano como a un igual. As formas servís e mesmo cerimoniosas da linguaxe despareceran. Ninguén dicía "señor", ou "don" e tampouco "vostede"; tratábanse todos de "camarada" e "ti", e dicían "saúde!" no canto de bos días.
Así mesmo, critica o control soviético do Partido Comunista de España, e as mentiras que se usaban como propaganda para a manipulación informativa. Orwell era consciente de que, aínda que se necesitaba unha mudanza radical nas sociedades occidentais, e por tanto nos países capitalistas, o socialismo soviético representaba unha amenaza para os principios que o sustentaban.
Di que España é pola súa particular idiosincracia, un bo lugar para que se dese a Revolución popular. Tamén fala moito da paisanaxe española: da nobreza da súa poboación, e da pouca seriedade á hora da puntualidade e a burocracia.
Eu estaba integrando, máis ou menos por azar, a única comunidade de Europa occidental onde a conciencia revolucionaria e o rexeitamento do capitalismo eran máis normais có seu contrario. En Aragón estábase entre decenas de miles de persoas de orixe proletaria na súa maioría, todas elas vivían e tratábanse en termos de igualdade. En teoría, era unha igualdade perfecta, e na práctica non estaba moi afastada de selo. Nalgúns aspectos, experimentábase un pregusto de socialismo, polo cal entendo que a actitude mental prevalecente fose de índole socialista. Moitas das motivacións correntes na vida civilizada —ostentación, afán de lucro, temor aos patróns etcétera— simplemente deixaran de existir. A división de clases desapareceu até un punto que resulta case inconcibible na atmosfera mercantil de Inglaterra; alí só estabamos os campesiños e nós, e ninguén era amo de ninguén.
Tamén fala do movemento fascista. A intención de Franco non era instaurar un réxime dos estilos de Hitler ou Mussolini, senón máis ben volver ó feudalismo co apoio da Igrexa católica e a aristocracia.
O libro de Orwell influíu decididamente nalgúns intelectuais destacados como Noam Chomsky, que declarou que é un dos seus libros favoritos:[1]
which struck me as amusing but pretty obvious ... and thought it outstanding (though he overdid the POUM role I felt, not surprisingly given where he was); it confirmed beliefs I already had about the Spanish Civil WarChomsky, 31 Marzo 1995
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.