filme de 2003 dirixido por Ron Shelton From Wikipedia, the free encyclopedia
Hollywood, departamento de homicidios (en inglés: Hollywood Homicide) é un filme estadounidense de 2003 dirixido por Ron Shelton. Está protagonizado por Harrison Ford e Josh Hartnett, xunto con Lena Olin, Bruce Greenwood, Isaiah Washington, Lolita Davidovich, Keith David, Gladys Knight, Master P, Dwight Yoakam, Eric Idle, Robert Wagner, Kurupt, Smokey Robinson, Lou Diamond Phillips, Martin Landau e André Benjamin. O guión foi escrito por Shelton e Robert Souza, e foi producido por Lou Pitt. O filme está baseada nas verdadeiras experiencias de Souza, quen era un detective de homicidios na División de Hollywood e foi un corredor inmobiliario nos seus últimos dez anos no traballo. A secuencia do título está feita por Wayne Fitzgerald, sendo a última vez que fixo unha secuencia do título antes da súa morte en setembro de 2019.
Hollywood, departamento de homicidios | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Hollywood Homicide |
Director | Ron Shelton |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Alex Wurman |
Fotografía | Barry Peterson |
Montaxe | Paul Seydor |
Estudio |
|
Distribuidora | Sony Pictures Releasing |
Estrea | 13 de xuño de 2003 |
Duración | 116 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia e acción |
Orzamento | 75 millóns de dólares |
Recadación | 51,1 millóns de dólares |
Na rede | |
http://www.sonypictures.com/homevideo/hollywoodhomicide/ | |
O filme estreouse en VHS e DVD o 7 de outubro de 2003.[1] A edición en DVD incluíu un comentario do director e un tráiler.[2] En 2013, Mill Creek Entertainment estreou o filme en formato Blu-ray nun formato de dous títulos xunto con Hudson Hawk, mais sen ningún contido extra.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.