A Historia troiana é unha obra literaria narrativa, escrita na Idade Media. Está escrita en dous códigos diferenciados, un que se pode identificar como galego-portugués e outro que é castelán. Xenericamente, encádrase no que se coñece como Ciclo troiano, pois fai referencia á historia clásica e ás lendas da cidade de Troia. Consérvase nun manuscrito da Biblioteca Menéndez Pelayo de Santander.

Datos rápidos Historia troiana, Autor/a ...
Historia troiana
Autor/aBenoît de Sainte-Maure
Linguacastelán medieval
Data de pub.1270
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

A Grande e general estoria de Afonso X é unha das fontes da Historia troiana.

Manuscrito

Está composto por 220 folios, 140 escritos en castelán e 80 en galego-portugués, aínda que Ramón Lorenzo afirma que o manuscrito debeu de constar de máis de 350 folios. Con todo, a parte en galego-portugués é máis extensa, ao conter máis liñas de texto. A letra é da segunda metade do século XIV e a parte castelá sería anterior. É posíbel que existise unha versión castelá enormemente mutilada, que alguén completou en galego-portugués.

Distribución temática

A obra ten como fonte orixinaria o Roman de Troie de Benoît de Sainte-Maure e na parte galega inclúe episodios da General Estoria.

  • 1-21 v. Inclúe interpolacións da General Estoria, con episodios anteriores á Guerra de Troia
  • 29-36 v. Nacemento e xuízo de Paris
  • 44-48 r. Infancia de Aquiles
  • 48-49 v. Sacrificio de Ifixenia

Véxase tamén

Outros artigos

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.