Hindustán
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hindustán,[1] xunto coa súa forma abreviada Hinde,[2] é o nome en lingua persa para a India, xeralmente o subcontinente indio, que máis tarde se converteu no nome comunmente usado para a rexión na lingua hindú.[3] [4] [5] Desde a Partición da India en 1947, Hindustán continúa a usarse hoxe tamén como un nome histórico para a República da India.[6] [7] [8]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Hindustán deriva da palabra persa Hindū, cognada co sánscrito Sindhu.[9] No persa medio foi engadido o sufixo -stān, indicativo dun país ou rexión, formando a actual palabra Hindūstān.[10]
O termo “hindú” crese que foi usado como nome para o río Indo na parte noroeste do subcontinente indio. De acordo con Gavin Flood, o termo hindú aparece primeiro como un termo xeográfico persa para as persoas que vivían máis aló do río Indo (sánscrito: Sindhu)", máis concretamente na inscrición de Darío I do século VI a. C. O termo “hindú” nestes rexistros antigos é un termo xeográfico e non se refería a unha relixión.
Na actual República da India, "Hindustán" é frecuentemente usado para referirse ao Estado-nación moderno da India. O termo "hindustaní" refírese a un indio, independentemente da súa afiliación relixiosa.[11]
Nos últimos anos, emerxeu un debate sobre a proposta de cambiar o nome internacional de "India" a "Bharat", o nome do subcontinente indio en sánscrito. A orixe do termo "India" está vinculada ao río Indo e á raíz de Hindustán, nome visto por algúns como un legado da dominación colonial. Os defensores desta mudanza argumentan que "Bharat" reflicte mellor a identidade e herdanza cultural autóctona. O debate está inmerso en discusións máis amplas sobre a identidade nacional india, o uso de exónimos e a descolonización de nomes e símbolos en todo o mundo.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.