From Wikipedia, the free encyclopedia
Paul Hindemith, nado en Hanau (Hessen) o 16 de novembro de 1895 e finado o 28 de decembro de 1963 en Frankfurt am Main, foi un compositor, violista, director de orquestra e profesor alemán.
Hindemith naceu na cidade de Hanau, próxima a Frankfurt am Main e aprendeu a tocar o violín de neno. Aos once anos marchou da casa debido á oposición paterna ás súas ambicións musicais, tocando en cafés e teatros para poder pagar os seus estudos no Hoch Konservatorium de Frankfurt am Main, onde estudou con Arnold Mendelssohn e Bernhard Sekles.
En 1922 foron escoitadas algunhas das súas composicións no festival International Society for Contemporary Music de Salzburgo, o que lle fixo conquistar a atención do público internacional. Posteriormente colaborou con varios compositores das vangardas, incluíndo a Anton Webern e Arnold Schönberg.
Dende 1927 foi profesor de composición no Conservatorio Superior de Música de Berlín. En 1929 fundou o cuarteto de corda Amar, no que tocaba a viola e co que realizou numerosas xiras de concertos arredor de Europa.
A súa música foi considerada dexenerada polos nazis a pesar das protestas de Wilhelm Furtwängler, e en 1938 exiliouse en Suíza. En 1940 emigrou aos Estados Unidos, onde se converteu en profesor de composición en Yale e Harvard.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.