filósofo estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Hilary Whitehall Putnam nado en Chicago o 31 de xullo de 1926 e finado en Arlington (Massachusetts) o 13 de marzo de 2016,[1][2] foi un filósofo analítico que propuxo un realismo alternativo fronte ao realismo tradicional. Fixo importantes achegas á filosofía da mente, a filosofía da linguaxe e á filosofía da ciencia.
Seu pai estivo vencellado ao Partido Comunista dos Estados Unidos, e súa nai era xudía. Estudou na Universidade de Pensilvnia, na Universidade de Harvard e na Universidade de California onde recibiu o seu doutoramento en filosofía. Un dos seus profesores foi Rudolf Carnap, artífice do positivismo lóxico que Putman sempre rexeitou.
Putnam militou contra o antisemitismo, apoio o Movemento polos dereitos civís, declarouse en contra da Guerra do Vietnam e foi membro do Partido Laboral Progresista. Converteuse ao xudaísmo.
Foi membro da Academia Estadounidense das Artes e das Ciencias, da Academia Británica e da Academia de Ciencias Morais e Políticas de Francia. Foi profesor emérito da universidade de Harvard.
Putnam tentou responder á pregunta de en que medida somos quen de coñecer o mundo real. Rexeita o que denomina o realismo metafísico ou realismo externo que mantén que se pode chegar a unha descrición auténtica e global de como o mundo é. Para Putnam a verdade é un xeito de coherencia entre as nosas crenzas entre si e coas nosas experiencias. Pero experiencias que son internas ao noso sistema de crenzas.
Marcaba tamén distancias co relativismo pois unha cousa é non poder chegar a unha descrición incontaminada do real e outra que calquera esquema conceptual poida ser válido. Nunca un enunciado e a súa negación poden ter o mesmo valor de verdade, e ha de estar subordinado á nosa práctica (amosando unha clara influencia de William James). Seguindo unha certa evolución no seu pensameno chega a afirmar que as nosas experiencias son, de entrada, encontros directos coa realidade.
Putnam sostiña que é posible unha fundamentación racional para a ética e amosábase a prol dunha ética universal, insistindo en non confundir pluralismo con relativismo. Unha verdade merecedora de tal nome ten que estar no mundo e someterse á discusión pública. Non todo vale pero a democracia é unha condición irrenunciable para o debate sobre a verdade. Defendía, xa que logo, un pragmatismo que marca distancias co escepticismo moral e co dogmatismo.
Putman foi célebre pola formulación de ideas como a realizabilidade múltiple, o isomorfismo funcional, o experimento da terra xemelga, o argumento da indispensabilidade, o cerebro na cubeta...
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.