Hevea

xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia

Hevea

Hevea é un xénero botánico que comporta seis especies , a maioría da conca do Amazonas e do Orinoco, sendo as máis importantes a árbore do caucho (Hevea brasiliensis) e a Hevea benthamiana, as cales deron orixe a algunhas variedades que posúen un látex de maior calidade e son resistentes ao ataque de insectos nas follas. Das seis especies descritas só catro son aceptadas.[1]

Máis información xénero Hevea, Clasificación científica ...
xénero Hevea

Ilustración botánica da árbore do caucho
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Euphorbiaceae
Subfamilia: Crotonoideae
Tribo: Micrandreae
Subtribo: Heveinae
Xénero: ''Hevea''
Aubl.
Sinonimia
  • Caoutchoua J.F.Gmel.
  • Micrandra Benn. & R.Br.
  • Siphonanthus Schreb. ex Baill.
  • Siphonia Rich. ex Schreb.
Pechar

Descrición

Son árbores monoicas que acadan un tamaño de até 20 m ou máis altos, os talos posúen látex. As follas son alternas, palmaticompostas, con tres folíolos elípticos a obovados, de 5–60 cm de longo e 3–16 cm de largo, acuminados no ápice, cuneados na base, marxes enteiras; pecíolos tan longos coma os folíolos, glandulosos no ápice, estípulas deltoideo-subuladas, 2 mm de longo. Inflorescencias paniculadas, terminais ou axilares, flores apétalas; xemas das flores estaminadas acuminadas, cáliz ca 5 mm de longo, amarelo-crema, lobos 5, valvados, acuminados, disco pequeno, 5-lobado, dez estames, filamentos connados, anteras ca 0.5 mm de longo, sésiles, dispostas nos lados da columna puntiaguda, pistilodio ausente; flores pistiladas con pedicelos até 12 cm de longo cando en froito, cáliz de 7 mm de longo, disco rudimentario, ovario 3-locular, seríceo, 1 óvulo por lóculo, estigmas sésiles. Froito capsular; sementes elipsoidales, 2–3.5 cm de longo, carunculadas.

Taxonomía

O xénero foi descrito por Jean Baptiste Christophore Fusée Aublet e publicado en Histoire des Plantes da Guiane Françoise 2: 871, pl. 335. 1775.[2] A especie tipo é: Hevea guianensis Aubl.

Especies aceptadas

A seguir bríndase unha listaxe das especies do xénero Hevea aceptadas até marzo de 2014, ordenadas alfabeticamente. Para cada unha indícase o nome binomial seguido do autor, abreviado segundo as convencións e usos.

  • Hevea benthamiana Müll.Arg.
  • Árbore do caucho (Willd. ex A.Juss.) Müll.Arg.
  • Hevea camporum Ducke
  • Hevea guianensis Aubl.
  • Hevea microphylla Ule
  • Hevea nitida Mart. ex Müll.Arg.
  • Hevea pauciflora (Spruce ex Benth.) Müll.Arg.
  • Hevea rigidifolia (Spruce ex Benth.) Müll.Arg.
  • Hevea spruceana (Benth.) Müll.Arg.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.