Heduvixes I de Polonia

raíña de Polonia From Wikipedia, the free encyclopedia

Heduvixes I de Polonia

Heduvixes[1] I de Anjou-Hungría (en polaco: Jadwiga Andegaweńska, en húngaro: Hedvig, en alemán: Hedwig), nada o 18 de febreiro de 1374 e finada en Cracovia o 17 de xullo de 1399, foi a raíña[2] de Polonia (1382-1399) á morte do seu pai o rei Lois I de Hungría, que herdara tamén o trono de Polonia. Aínda que Heduvixes gobernou Polonia e a súa irmá máis vella, María I, reinou en Hungría,[3][4] ambas acabaron casadas con poderosos nobres que evitaron que reinasen de xeito independente. É venerada pola igrexa católica como Santa Heduvixes a Raíña, considerada como santa húngara e polaca. É a patroa das raíñas e da Europa Federal.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Heduvixes I de Polonia
Thumb
Nome orixinal(pl) Jadwiga Andegaweńska
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1373 ↔ 18 de febreiro de 1374
Buda (Reino de Hungría)
Morte17 de xullo de 1399 (19/29 anos)
Cracovia (Reino de Polonia)
Causa da mortecomplicación do parto
Lugar de sepulturaCatedral de Wawel (pt)
Raíña de Polonia
16 de outubro de 1384 (Gregoriano) – 17 de xullo de 1399 (Gregoriano)
 Lois I de HungríaLadislau II de Polonia 
Queen Consort of Poland (en)
1384 – 1399
Raíña Reinante
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica
Actividade
OcupaciónRaíña Reinante
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa17 de xullo
Outro
TítuloRaíña
FamiliaCasa de Anjou-Sicilia
CónxuxeLadislau II de Polonia (1386–)
FillosElizabeth Bonifacia of Poland
PaisLois I de Hungría   e Isabel da Bósnia
IrmánsMaría I de Hungría
Catarina da Hungria

Thumb

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih,
Pechar

Traxectoria

Heduvixes pertenceu á Casa dos Anjou de Hungría. Naceu en 1374 no palacio real de Buda,[5] como unha das fillas do poderoso rei Lois I de Hungría e da súa segunda esposa, Isabel de Bosnia.[6][7] Ao nacer Heduvixes, Hungría achábase na súa época dourada medieval, onde o monarca gobernaba un imperio composto por case dez estados menores na Europa Central. As minas de ouro e prata húngaras abastecían en gran parte as nacións europeas, e as froitas e as verduras húngaras eran coñecidas nas cortes dos reinos occidentais. Deste xeito, cando morreu o rei Casimiro III de Polonia en 1370 e o fillo da súa irmá (Lois I de Hungría) herdou o reino, os dous estados, aínda que funcionaban independentemente, estaban gobernados polo mesmo monarca. Isto levou a certos problemas ao comezo, mais considerábase máis tráxico o drama que tiña que resolver Lois I: non contaba con fillos herdeiros varóns, así que fixo que as súas fillas fosen aceptadas pola nobreza como as súas sucesoras trala súa morte mediante o Privilexio de Koszyce o 17 de setembro de 1374.[8][9][10] Lois I faleceu en 1382, e de inmediato xurdiron conflitos sucesorios, onde as súas fillas foron coroadas como raíñas, mais non exerceron o poder independentemente.

Heduvixes fora comprometida en matrimonio co duque Guillerme de Austria, que nesa época era un mozo de catorce anos.[11] Con todo, a nobreza polaca non desexaba ver un Habsburgo no trono de Polonia xunto á raíña,[12][13] así que conseguiron a anulación do compromiso. Por outra banda, considerando moito máis conveniente, estes arranxaron que a raíña Heduvixes de dez anos de idade fose tomada como esposa polo pagán Jagiełło, duque de Lituania,[14] quen para casar tivo que se converter ao cristianismo, lográndose finalmente a conversión dos lituanos e a asimilación ao mundo "cristián civilizado" medieval. Automaticamente volveuse o soberano polaco co nome de Ladislau II de Polonia. Ladislau pasou a exercer o goberno, quedando a raíña en segundo plano. A pesar diso, foi unha fervente colaboradora do seu esposo.

O matrimonio non tivo descendencia, xa que a única filla do matrimonio, Elżbieta Bonifacja, morreu ás tres semanas de nacer, o 13 de xullo de 1399.[15] Heduvixes tamén estaba no sei leito de morte. Ela mesma aconsellou o seu marido que casase con Ana de Cilli, neta de Casimiro o Grande,[16] o que fixo, e faleceu o 17 de xullo de 1399, catro días despois da súa filla.[15][17] Ambas foron enterradas xuntas na catedral de Wawel o 24 de agosto de 1399,[15][17] como dicía a última vontade da raíña. O 12 de xullo de 1949 abriuse a tumba, máis non quedaba ningún resto da súa filla.[18]

Legado

A pesar de ser venerada en Europa durante séculos, non foi até 1979 cando o papa Xoán Paulo II rezou ante o seu sartego. Foi beatificada en 1986 e canonizada en Cracovia o 8 de xuño de 1997.[19] É a santa patroa das raíñas e da Europa Unida.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.