antiga moeda escocesa From Wikipedia, the free encyclopedia
O hardhead (tamén coñecido como lion) foi unha moeda escocesa de billón dos séculos XVI e XVII instituída por María Estuardo (1542-1567), inicialmente cun valor de 1,5 peniques ou 1/160 da libra escocesa.[2][3]
Hardhead de Xacobe VI (1567-1625) | |
---|---|
IACOB' · 6 · D · G · R · SCO' ·; monograma IR coroado. | · VINCIT · VERITAS ·, león rampante coroado cara á esquerda. |
Hardhead. BI. 19 mm. [1] |
O seu nome provén do dunha moeda francesa anterior, o hardit.[2][3]
María I de Escocia introduciu o hardhead en 1558 no sistema monetario escocés, no marco da súa primeira serie de emisións (1542-1558), xunto con outras moedas menores de billón, como o bawbee e o plack. O seu valor era de 1,5 peniques e tiña un peso de ca. 0,81 gramos.[4][5]
No seu anverso represéntase unha letra M coroada, rodeada pola lenda MARIA · D · G · SCOTOR · REGINA ("María, pola graza de Deus, reina dos escoceses").[6] Pola súa banda, o reverso está ocupado por un león rampante coroado e a lenda VICIT VERITAS ("A verdade vence"). Precisamente a figura deste león fixo que a moeda fose coñecida tamén como lion.[2][4]
En 1559 e 1560, xa durante a segunda serie de emisións, volveuse cuñar o hardhead, cambiando o M do seu anverso por un monograma FM (Francis and Mary) flanqueado por dous golfiños.[7][8]
Xacobe VI (1567-1625) recuperou esta moeda en 1588, mais nesta ocasión co valor de dous peniques. Xa que logo, tratábase realmente dunha moeda fraccionaria do plack, do que supuña unha cuarta parte, ao valer este oito peniques.[1] O valor de dous peniques marcouse con dous puntos á dereita do león do reverso.[2]
A moeda conserva as características formais da de María I, coa única adaptación do anverso co monograma IR (Iacobus Rex) e a lenda IACOB' · 6 · D · G · R · SCO' · ("Xacobe VI, pola graza de Deus, rei dos escoceses").[9] Tanto o motivo como a lenda do reverso son coincidentes cos da súa antecesora.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.