Hampton, Virxinia
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hampton (/ˈhæmptən/) é unha cidade independente (que non pertence a ningún condado) de Virxinia, Estados Unidos. Segundo o censo do ano 2020, a poboación era de 137 148 habitantes,[1] sendo a sétima cidade máis poboada de Virxinia, e a 204ª do país. Hampton está incluído na área metropolina de Hampton Roads, a 37ª máis grande dos Estados Unidos, cunha poboación total de 1 799 674 habitantes no ano 2020.[2] Esta área tamén inclúe as cidades independentes de Chesapeake, Virginia Beach, Newport News, Norfolk, Portsmouth e Suffolk, así como outras poboacións máis pequenas e condados. Hampton comeza a súa historia no cabo Old Point Comfort, onde se atopa o Fort Monroe, nome dado polos británicos en 1607, liderados polo Capitán Christopher Newport, quen tamén estableceu Jamestown na colonia de Virxinia, que se converteu no primeiro asentamento permanente inglés no continente americano. Desde 1952, Hampton inclúe o extinto condado de Elizabeth City e a cidade incorporada de Phoebus.
Hampton (en) | |||||
Epónimo | Henry Wriothesley, 3rd Earl of Southampton (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Virxinia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 137.148 (2020) (388,63 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 54.847 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 352,900265 km² | ||||
Auga | 62,279 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 3 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1610 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Hampton, Virginia (en) | Donnie Tuck (en) (2020–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Prefixo telefónico | 757 | ||||
Código de departamento INSEE | 51650 | ||||
Identificador GNIS | 1498554 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | hampton.gov |
Tras a Guerra Civil estadounidense, estableceuse aquí a Hampton University en Hampton River, provendo de educación a moitos antigos escravos negros e nativos americanos, pois era unha das facultades e universidades historicamente negras que había no país (HBCUs) dentro da súa política de segregación. No século XX, estableceuse aquí a Langley Air Force Base, o Centro de investigación de Langley da NASA, así como o Virginia Air and Space Center. Hampton conta cunha extensa mariña e praias .
A cidade presenta un amplo abano de negocios e industrias, áreas residenciais, sitios históricos e outros puntos de interese, como unha pista curta de carreiras da NASCAR, a parroquia anglicana máis antiga das Américas (1610) aínda activa, así como o histórico Fort Monroe.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.