traxedia de William Shakespeare From Wikipedia, the free encyclopedia
Hamlet[1] é unha traxedia escrita por William Shakespeare, unha das obras teatrais máis coñecidas e citadas do mundo. Shakespeare escribiuna entre 1600 e o verán de 1602, e publicouse por vez primeira en 1603. O soliloquio To be or not to be (ser ou non ser) é a pasaxe máis popular da obra.
Hamlet | |
---|---|
Autor/a | William Shakespeare |
Orixe | Inglaterra |
Lingua | Early Modern English e lingua inglesa |
Xénero(s) | Traxedia |
Data de pub. | 1602 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A historia da obra provén da tradición escandinava que fixo coñecida Saxo Grammaticus na súa obra Gesta Danorum a comezos do século XIII ó escribir a historia do príncipe Hamlet. Á súa vez, o Hamlet converteuse nun mito a explorar dentro do teatro e mais tamén do cinema de todos os tempos. Entre as versións e revisitacións sobre este tema destacaron O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca, de Álvaro Cunqueiro (1958) e mais o Hamlet Machine, do alemán Heiner Müller (1979). Existen numerosas adaptacións cinematográficas e televisivas de Hamlet. Algunhas das máis coñecidas son a de Laurence Olivier de 1948, a de Franco Zeffirelli, protagonizada por Mel Gibson en 1990 ou a de Kenneth Branagh de 1996.
Foi traducida ó galego por Miguel Pérez Romero (con revisión de Antonio Raúl de Toro Santos) e publicada polo Servizo Central de Publicacións da Xunta no ano 1993.[1]
Unha nova versión de Pérez Romero foi publicada en 2023 por Edicións Laiovento.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.