From Wikipedia, the free encyclopedia
O Halcones de Vigo Béisbol Club é unha entidade deportiva da cidade de Vigo que se dedica ó Béisbol. O equipo xoga os seus encontros como local no campo de béisbol das Plantas, na parroquia de Bembrive.
O equipo naceu no ano 2005, e nos anos 2006 e 2007 xa foi quen de acadar o subcampionato na Liga Xunta de Galicia de Béisbol fronte ó Club Béisbol Cambre. No ano 2008 o club participou por primeira vez na Liga Nacional de Primeira División, a segunda categoría do béisbol en España, e no seu primeiro ano acadou o ascenso á División de Honra[1].
En 2009, a primeira presenza do Halcones de Vigo Béisbol Club na máxima categoría do béisbol nacional rematou cunha 8ª posición na táboa clasificatoria, acadando deste xeito manter por un ano máis a categoría. En 2010 o equipo repetiu a 8ª posición final na liga. Na tempada 2011 o equipo rematou a tempada na 7ª posición.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.