From Wikipedia, the free encyclopedia
O Kunlun Red Star (en chinés simplificado: 昆仑鸿星, en chinés tradicional: 崑崙鴻星, pinyin: Kūnlún Hóngxīng) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Pequín, China. Fundado en 2016, o club uniuse á Kontinental Hockey League (KHL) antes do inicio da tempada 2016–17.[1][2] A pesar de ter a súa sede en Pequín, o Kunlun Red Star xoga temporalmente desde 2020 no Mytishchi Arena,[3] situado ás aforas de Moscova, debido ás restricións de viaxe derivadas da pandemia de COVID-19.[4] Unha vez finalizadas as restriccións, o club mudarase ao Shougang Ice Hockey Arena, recinto con capacidade para 18 000 espectadores, contruído para os Xogos Olímpicos de Inverno de Pequín 2022.[5]
Kunlun Red Star 昆仑鸿星 | |
---|---|
Fundación | 2016 |
Cidade | Pequín, China |
Estadio | Shougang Arena (Pequín) Mytishchi Arena (Mytishchi) |
Capacidade | 18 000 (Shougang) 7 114 (Mytishchi Arena) |
Liga | KHL |
Conferencia | Leste |
División | Kharlamov |
Propietario(s) | Billy Ngok |
Director | Nikolay Feoktistov |
Adestrador | Ivano Zanatta |
Afiliado(s) | KRS-BSU (VHL) ORG Junior (MHL) |
Cores | |
Na rede | |
http://hcredstar.ru | |
En marzo de 2016, o club chinés e a KHL asinaron un protocolo de intención para que un equipo con base na China entrara na KHL. O protocolo foi asinado polo representante da Fedración Rusa de Hóckey sobre Xeo Vladislav Tretiak, o presidente do Consello de Administración da KHL Gennady Timchenko e a xunta do Red Star Kunlun. A mediados de abril, o presidente da IIHF (René Fasel) expresou a súa opinión sobre a intención do club chinés de ingresar na NHL. Fasel expresou a súa esperanza de que este feito axudara a China a levar o seu hóckey ao máximo nivel..[6]
Se o club axustaba as súas condicións económicas contractuais o 30 de abril de 2016 podería unirse á KHL.[1] Segundo Roman Rotenberg, o HC Red Star Kunlun adaptouse para cumprir coas súas obrigas, mais unha serie de formalidades fixeron que a decisión final sobre o futuro do equipo na competición non se puideran coñecer ata xuño de 2016.[7] A principios de maio, o presidente da KHL Dmitry Chernyshenko considerou a afiliación do club pequinés á liga como un acordo xa feito: " O club ten proporcionado toda a documentación, a estrutura do club, os fondos, e teñen o permiso da Federación Chinesa de Hóckey sobre Xeo".[8]
O 25 de xuño de 2016 anunciouse que o consello de administración da KHL aceptara oficialmente a solicitude do club chinés, e que este podería participar na seguinte tempada, a 2016–17.[2] Dous días despois, o club anunciou a súa primeira fichaxe, o defensa finlandés Janne Jalasvaara, que se unía ao novo equipo procedente do HC Sochi da KHL.[9][10]
As noticias iniciais que apuntaban a que Ilya Kovalchuk e Danis Zaripov poderían xogar no equipo e que Mike Keenan sería o adestrador xefe[11] demostrouse que eran falsos.
Vladimir Yurzinov, Jr. foi nomeado primeiro adestrador de equipo.[2] O equipo contaría con 13 xogadores chineses. Confirmouse unha dupla ruso-finesa na portería con Andrey Makarov e Tomi Karhunen. Defensas: Janne Jalasvaara, Anssi Salmela, Tuukka Mäntylä, Dmitri Kostromitin (contrato de proba) e Alexander Mikulovich. Dianteiros: Damien Fleury, Martin Bakoš, Oleg Yashin, Danil Romantsev (negociacións co Lokomotiv Yaroslavl) e Igor Velichkin.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.