equipo galego de hóckey a patíns From Wikipedia, the free encyclopedia
O Hockey Club Raxoi é un equipo galego de hóckey a patíns da cidade de Santiago de Compostela que milita na OK Liga Bronce e na OK Liga Prata feminina de hóckey a patíns. O equipo adestra e disputa os seus partidos no Pavillón Municipal de Vite, na capital de Galiza. Foi o primeiro club de hockey a patíns fundado en Santiago de Compostela, en setembro de 1989.[1]
H.C. Raxoi | |
---|---|
Cidade | Santiago de Compostela, Galicia |
Fundado | 1989 |
Pavillón | Pavillón Municipal de Vite |
Presidente | Arturo Pereiro Rozas |
Adestrador | Andrés García de la Iglesia |
Competición | OK Liga Bronce |
Cores | Azul e laranxa |
Sitio web Sitio web oficial |
Por primeira vez na súa historia o club, participa nunha categoría nacional de hóckey a patíns, a OK Liga Bronce, debido ó ascenso na tempada anterior do equipo sénior. O equipo logra a permanencia na categoría ó rematar a tempada na metade da táboa (7º clasificado).
Na categoría júnior, o equipo proclámase campión galego e,[2] posteriormente na fase clasificatoria para o campionato de España, acada un segundo posto, o que supuxo a clasificación para o Campionato de España Júnior, no cal finalizaron en 5ª posición.
Adestrador: Andrés García de la Iglesia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.