Härryda
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Härryda é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland.[1] A súa capital é Mölnlycke. Unha pequena parte do oeste do municipio (Helenedal) pertence á área urbana de Gotemburgo. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 39 457 habitantes.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Västra Götaland | ||||
Capital | Mölnlycke (pt) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 39.866 (2024) (136,95 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 291,09 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | harryda.se | ||||
O municipio está situado no oeste do landskap de Västergötland e está incluído na área metropolitana de Gotemburgo (Storgöteborg). Ao sur limita cos concellos de Mölndal e Mark, ao leste co de Bollebygd, ao norte cos de Lerum e Partille, e ao oeste co de Gotemburgo. A través do municipio flúe o río Mölndalsån.
Härryda atópase por vez primeira nas fontes cos nomes Herryda e Herrida en 1540. Posteriormente aparece tamén como Härrydt en 1567, Herrödha en 1583, Härrya en 1679 e Härryda en 1881. A primeira parte contén o nome do regato Hära, referíndose á granxa Härryda que estaba rodeada polo Härån (no presente chamado Lillån ou Härsjöbäcken), onde o significado de Här se convierte no nórdico antigo ccidental hárr ou hærr, gris ou canoso. A segunda parte é unha forma flexiva do sueco antigo rydh, claro, lugar aberto. A forma básica do nome foi Hærā-rydha.[3]
A área do municipio correspóndese coa das parroquias de Björketorp, Härryda, Landvetter e Råda. A partir destas fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
Coa reforma municipal de 1952 o concello rural Härryda incluíuse no de Landvetter.
O municipio de Härryda fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir dos municipios rurais de Björketorp, Landvetter e Råda, onde a área de Björketorp pasou ao mesmo tempo do condado de Älvsborg ao condado de Göteborgs och Bohus.[4] Como capital elixiuse a maior área urbana, Mölnlycke, que anteriormente fora capital do municipio rural de Råda. Alí inaugurouse unha nova casa do concello no ano 1983.
O 1 de xaneiro de 1992 transferíuse unha área con 48 persoas dende o concello de Mölndal ao de Härryda.[5]
Dende o seu nacemento ata 2009 o concello pertenceu ao partido xudicial de Mölndal, e dende ese ano ao de Gotemburgo.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.