From Wikipedia, the free encyclopedia
Gómez Manrique foi un eclesiástico castelán pertencente á poderosa familia palentina dos Manriques de Lara, bispo de Palencia,[1] bispo de Tui[Cómpre referencia] (1348-1351), arcebispo de Santiago de Compostela (1351-1362) e arcebispo de Toledo (1362-1375).[2]
Biografía | |
---|---|
Morte | 19 de decembro de 1375 Toledo, España |
Arcebispo de Toledo | |
2 de maio de 1362 – ← Vasco Fernandes de Toledo (pt) – Pedro Tenorio → | |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
8 de xuño de 1351 – ← Gonzalo Aguilar Hinojosa (en) – Álvaro de Isorna → | |
Bispo de Tui | |
18 de agosto de 1348 – ← Garcia Prego (en) – Juan de Castro (en) → Diocese: Diocese de Tui | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Familia | |
Pai | Pedro Manrique de Lara, 4º senhor de Amusco |
Fillo de Pedro Ruiz Manrique de Lara (1270-1323), IV Señor de Amusco, e de Teresa Rodríguez de Sotomayor (nada c. 1310). Os seus irmáns foron Garci Fernández Manrique de Lara (c. 1305-1362), V Señor de Amusco e Pedro Manrique.
A súa nai casou en segundas nupcias con Garcilaso I de la Vega (1280-1328), chanceler do rei Afonso XI de Castela. Deste segundo matrimonio nacería a súa medioirmá Elvira Lasso de la Vega (nada c. 1325).
En 1367, no decurso da guerra polo trono de Castela entre Pedro I e Henrique II, despois da batalla de Nájera, foxe de Burgos para dirixirse ao Reino de Aragón na compañía do arcebispo de Zaragoza e da muller e fillos de Henrique II.[3]
En 1369, ao pouco da morte de Pedro I e tras un duro cerco, o arcebispo Gómez Manrique e os nobres de Toledo entregaron a cidade a Henrique II (a cambio de que se restitúan todas as posesións que antano foron dela, como Puebla de Alcocer). Un decreto real confiscou os bens dos xudeus de Toledo e auméntalles os tributos.
O 23 de xuño de 1369 Gómez Manrique conseguiu que o rei Henrique II doe a cidade de Talavera de la Reina con todas as súas aldeas ao arcebispado de Toledo, a cambio da vila de Alcázar.[4]
Predecesor: García |
Bispo de Tui[Cómpre referencia] 1348 - 1351 |
Sucesor: Xoán de Castro |
Predecesor: Gonzalo de Aguilar |
Arcebispo de Santiago de Compostela 1351 – 1362 |
Sucesor: Sueiro Gómez de Toledo |
Predecesor: Vasco Fernández de Toledo |
Arcebispo de Toledo 1362 – 1375 |
Sucesor: Pedro Tenorio |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.