xornalista alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Guido Knopp, nado o 29 de xaneiro de 1948 en Treysa, Hesse, é un xornalista e escritor, coñecido en Alemaña polos seus diversos documentais, especialmente sobre o Terceiro Reich e o nacionalsocialismo, como tamén sobre o stalinismo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1948 (76 anos) Treysa, Alemaña |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia de Alemaña |
Ocupación | presentador de televisión, historiador, xornalista, profesor universitario |
Empregador | ZDF |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Knopp, Guido, 1948-, |
Páxina web | guidoknopp.de |
Logo de obter o doutoramento en historia e ciencias políticas, Knopp traballou para os xornais Welt am Sonntag e Frankfurter Allgemeine Zeitung. En 1978 entrou na televisión alemá, coa ZDF. Desde aquelas, produciu numerosos documentais sobre a ditadura Nazi, tales como Hitlers Helfer ("Os secuaces de Hitler"), Hitler-Eine Bilanz ("Hitler-Un balance") ou Die SS: Eine Warnung der Geschichte ("A SS: Un perigo da historia"), como tamén, por exemplo Vatikan (sobre o poder dos papas) ou Kanzler: Die Mächtigen der Republik (sobre os chanceleres posteriores á guerra). Tamén ten un show semanal na televisión alemá chamado "History". En 1999 produciu a serie chamada "100 Jahre - der Countdown", que resume ano por ano a historia do século XX, que é algunhas veces emitida pola cadea Phoenix.[1]
Para o libro Top Spione: Verräter im Geheimen Krieg ("Top Espías: Traidores na guerra secreta") (1994), Knopp traballou co Servizo de Intelixencia Alemán e con varios vellos espías que contaron as súas experiancias.[2]
A obra de Guido Knopp é criticada por ofrecer unha visión do Terceiro Reich demasiado superficialmente, rebaixando o papel da sociedade alemá que apoiou o réxime de Hitler, como tamén dos feitos da Wehrmacht na segunda guerra mundial.
No 2003 defendeu a Konrad Adenauer para ingresar da lista dos alemáns máis importantes, Unsere Besten, feita pola ZDF TV.
No 2004 recibiu unha Goldene Kamera.
No 2008 traballaba nunha película sobre Stauffenberg, sobre o seu intento de dar morte a Hitler.
Actualmente ensina xornalismo na Gustav-Siewerth-Akademie en Weilheim-Bierbronnen (Baden-Württemberg) e reside en Maguncia. A súa casa editorial é o grupo alemán de Random House (grupo Bertelsmann).[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.