From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo Gründerzeit e Gründerjahre [1] (do alemán Gründer = fundación e Zeit = tempo, pronunciado [ˈɡrʏndɐˌtsaɪ̯t], Gründer ou Jahre = ano, en alemán "tempo dos fundadores" ou "ano das fundacións") no século XIX en Europa central (Prusia, Imperio alemán e Imperio Austrohúngaro) é referido ao período comprendido desde 1871 (fin da guerra franco-prusiana) até a caída da bolsa de 1873.
Grazas ás reparacións francesas de posguerra, a rendición de Alsacia-Lorena ao Imperio Alemán e outras facilitacións económicas (eliminación de muros aduaneiros internos; unificación da lei comercial, etc.) a economía nos territorios correspondentes aproximadamente á actual Alemaña comezou a florecer intensamente: prosperaron a industria, o comercio e a banca.
A febre da construción tamén era típica daquela, imitando deliberadamente tempos anteriores (o chamado Historicismo) e levantou edificios neobarrocos, neogóticos e neorrenacentistas.
A excesiva abundancia de diñeiro en circulación provocou unha intensa especulación e axiotaxe. Moitas sociedades anónimas quebraron tras a crise económica mundial de 1871 ou tiveron que declararse en bancarrota.
Nun sentido máis amplo e en relación con outros países centroeuropeos, a palabra tamén se aplica ás primeiras décadas posteriores á década de 1870.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.