pedra pequena empregada na construción From Wikipedia, the free encyclopedia
En xeoloxía e na construción denomínase grava, grixo, cascallo, pedregullo ou pedrullo[1] ás partículas rochosas de tamaño comprendido entre 2 e 64mm, aínda que non existe unidade de criterio para o límite superior. Poden ser producidas polo ser humano, nese caso denomínase "pedra partida". Neste caso, ademais, adoita suceder que o desgaste natural producido polo movemento nos leitos de ríos xera formas redondeadas e denomínanse seixos ou croios. Porén, existen tamén casos de grixos naturais que non son croios.
Estes áridos son partículas granulares de material pétreo de talle variable. Este material orixínase por fragmentación das distintas rochas da cortiza terrestre, xa sexa de xeito natural ou artificial. Neste último caso actúan os procesos de chancado e esnaquizado empregados nas respectivas plantas dolomita, basalto, pedra de gra, cuarzo e cuarcita.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.