From Wikipedia, the free encyclopedia
A gp41 ou glicoproteína 41 é unha proteína que forma parte do complexo proteico da envoltura dos retrovirus, incluíndo o virus da inmunodeficiencia humana (VIH), causante da SIDA. A Gp41 é unha proteína transmembrana que contén varios sitios no seu ectodominio que son necesarios para infectar as células hóspedes.
O xene env do virus codifica a gp160, que é un precursor, que é intensamente glicosilado e clivado proteoliticamente pola protease celular furina orixinando dúas subunidades, a gp120 e a gp41 (esta última é a glicoproteína da que trata este artigo).
Nun virión libre, os péptidos de fusión situados na zona amino terminal da gp41 están enterrados no complexo da envoltura nun estado non fusoxénico inactivo que está estabilizado por un enlace non covalente coa gp120. A gp120 únese ao receptor CD4 da superfice celular e ao correceptor (CCR5 ou CXCR4), das células susceptibles como as células T axudantes e macrófagos.[1] Como resultado, ten lugar unha fervenza de cambios conformacionais nas proteínas gp120 e gp41. A parte central da gp41 prégase formando unha estrutura de seis feixes helicoidais que deixan expostos os anteriormente ocultos péptidos de fusión gp41, que entón axudan á fusión coa membrana da célula hóspede.[2] O proceso de activación prodúcese rapidamente, o que suxire que o estado inactivo da gp41 é metaestable e os cambios conformacionais permiten que a gp41 adquira o seu estado activo máis estable.
A interacción dos péptidos de fusión gp41 coa célula diana causan a formación dunha estrutura de pre-forquita intermediaria, que fai de ponte e fusiona as membranas viral e celular. A estrutura de pre-forquita ten unha vida media relativamente longa, o que fai que poida utilizarse como diana para a intervención terapéutica e para péptidos inhibidores.[3]
O Enfuvirtide (tamén chamado T-20) é un fármaco inhibidor de fusión que se une á estrutura de pre-forquita e impide a fusión das membranas e a entrada do VIH na célula hóspede. A vulnerabilidade desta estrutura iniciou o desenvolvemento dunha gran variedade de fármacos que impiden a fusión.[4] Tamén se descubriu que diversas moléculas naturais se poden unir á gp41 e impiden a entrada do VIH-1.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.