Gordiano II

emperador romano en 238 From Wikipedia, the free encyclopedia

Gordiano II

Marcus Antonius Gordianus Sempronianus, nado cara a 192 e finado o 12 de abril do 238, foi un emperador romano, durante o reinado de Cómodo, fillo de Gordiano I e a súa esposa Fabia Orestilla.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Gordiano II
Thumb
Nome orixinal(la) Gordianus II
Biografía
Nacemento191 ↔ 192
Cartago, Tunisia
Morte12 de abril de 238 (38/48 anos)
Cartago, Tunisia
Causa da mortehomicidio
Emperador romano
22 de marzo de 238 (Gregoriano) – 12 de abril de 238 (Gregoriano)
Pretor
Senador romano
Cónsul romano
Cuestor
Actividade
Ocupaciónmilitar, político
Período de tempoAlto Imperio Romano e Baixo Imperio Romano
Familia
FamiliaGordian dynasty (en)
FillosGordiano III, fillo adoptivo
PaisGordiano I   e Fabia Orestilla
IrmánsAntónia Gordiana

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pechar
Thumb
Busto de Gordianus nunha moeda da súa época (sestercio)

Traxectoria

Recibe unha esmerada e coidada educación do seu amigo e preceptor Serenus Sammonicus,quen ademais lle legou unha importante biblioteca de preto de 60.000 volumes. Gordiano aproveitou para se facer un especialista en leis e publicar algún traballo en prosa e verso.

Foi cuestor con Heliogábalo, pretor e cónsul con Alexandre Severo e lugartenente co seu pai en África. A política de Maximino de recadar fondos a calquera prezo, levou a que o recadador enviado a África, onde o seu pai era procónsul, fora asasinado e a que a nobreza do país empurrase o seu pai a aceptar a púrpura imperial. Debido a idade avanzada de Gordiano I, o seu fillo Gordiano II foi xunguido ao trono e recoñecidos ambos os dous como augustus.

Pero Capeliano, destituído por Gordiano I como gobernador de Mauritania, non acepta isto e diríxese a Cartago cun importante exército. Ás portas da cidade desenvólvense os combates e Gordiano II morre nunha batalla. Gordiano I sabe da morte do fillo e suicídase desesperado.

Será Gordiano III, fillo da súa irmá Antonia Gordiana, o que levará a coroa imperial despois do asasinato de Maximino polas súas tropas e logo de que os pretorianos se desfixesen de Balbino e Pupieno. Foron estes os que nomearon a Gordiano III emperador, e o Senado aceptouno.

Máis información Imperio Romano ...
Imperio Romano

Segue a:
Maximino Tracio
Gordiano II
(238-238)

Precede a:
Gordiano III
Pechar
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.