Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Google Scholar é un motor de busca de Google enfocado e especializado na busca de contido e bibliografía científico-académica[1]. O sitio indexa editoriais, bibliotecas, repositorios, bases de datos bibliográficas, entre outros; e entre os seus resultados pódense atopar citas, ligazóns a libros, artigos de revistas científicas, comunicacións e congresos, informes científico-técnicos, teses, tesiñas e arquivos depositados en repositorios.[2]
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Google Scholar | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | |
Lingua/s | Multilinguaxe Galego: Non |
Sitio web | scholar |
Foi lanzado ao público en versión Beta o 19 de novembro de 2005. O índice inclúe todos aqueles documentos accesibles na Web que cumpran cunha serie de requisitos técnicos.[3]
Xerarquiza os resultados usando un algoritmo similar ao que utiliza o buscador de Google para as buscas xerais,[4] aínda que tamén usa como sinais "o texto completo de cada artigo, o autor, a publicación na que aparece o artigo e a frecuencia coa que se citou o artigo noutra literatura académica".[5] O número de citas recibidas é un factor especialmente relevante.[6][7] Os resultados inclúen así mesmo libros técnicos, así como unha ligazón a outros artigos que citan o artigo señalado. Esta é unha ferramenta interesante para a investigación, xa que permite atopar nova información (máis actualizada) a partir dun artigo coñecido.
Google Scholar permite aos usuarios buscar copias físicas ou dixitais de artigos, xa sexa en liña ou en bibliotecas.[8] As buscas de Google Scholar aparecerán empregando as referencias de "artigos periodísticos completos, informes técnicos, borradores preliminares, teses, libros e outros documentos, incluíndo páxinas web selectas que se consideren contedores de 'contido académico'".[9] Posto que a maior parte dos resultados de busca de Google Scholar ligazan directamente a artigos de publicacións comerciais, a maior parte do tempo os usuarios só poderán acceder a un breve resumo do tema tratado no artigo, así como a pequenos fragmentos de información importante relacionada co mesmo, e posiblemente teñan que pagar un determinado importe para acceder ao artigo completo.[9] Google Scholar é tan sinxelo de empregar como a busca web regular de Google, especialmente coa axuda da función de "busca avanzada", que pode filtrar automaticamente os resultados de busca para mostrar unicamente os pertencentes a unha publicación ou artigo específicos. Os resultados máis relevantes para as palabras clave buscadas listaranse en primeiro lugar, segundo o ranking do autor, o número de referencias que o enlacen, e a súa relevancia respecto de outra literatura académica, así como o ranking da propia publicación na que apareza o artigo.[10]
Empregando a súa ferramenta "grupo", mostra as ligazóns dispoñibles a artigos periodísticos. Na versión de 2005, esta ferramenta fornecía ligazóns tanto a versións de artigos ás que se podía acceder mediante unha subscrición, como a versións integramente gratuítas de artigos; durante a maior parte de 2006, unicamente fornecía ligazóns ás versións dos editores. Desde decembro de 2006 proporciona ligazóns a ambas versións, tanto publicadas como de repositorios académicos de acceso libre, pero aínda non cubría aquelas publicadas en páxinas persoais de universidades. [cita requirida] O acceso ás versións arquivadas que non requiren subscrición proporcionase agora como unha ligazón a Google, onde un pode agora atopar eses artigos de acceso libre.
A través da súa ferramenta "citado por", Google Scholar proporciona acceso a resumos de artigos nos que se citase o artigo que se está consultando.[11] É esta ferramenta en particular a que fornece índices de citas previamente só dispoñibles en Scopus e en Web of Knowledge. A través da súa función de "artigos relacionados", Google Scholar presenta unha lista de artigos estreitamente relacionados, a cal se ordena primariamente por semellanza co artigo orixinal, pero tamén tendo en conta a relevancia de cada documento.[12]
A base de datos legais de Google Scholar para procesos de Estados Unidos dispón de ampla información. Os usuarios poden buscar e consultar veredictos publicados dos procesos dos tribunais estatais de apelación e supremo dos Estados Unidos desde 1950, procesos dos tribunais de distritos federais de apelación, impostos e quebra desde 1923, e procesos do Tribunal Supremo dos Estados Unidos desde 1791. Google Scholar inclúe citas ditos procesos a modo de ligazóns pulsables nos casos que os citan, e a lapela de "Como son Citados" permite aos avogados investigar precedentes xurídicos e as súas subsecuentes citas, así como o propio veredicto do tribunal.[13] A extensión para Google Scholar Legal Content Star Paginator inserta números de páxina ao estilo de Westlaw e de LexisNexis xunto co resto do texto do caso.[14]
Google Scholar permite configurar un perfil de autor e realizar un seguimento das citas dos traballos publicados. O buscador comproba quen cita os traballos publicados por ese autor e xera gráficos de citas no seu perfil. A medida que o buscador actualiza estes datos, tamén suxire ao autor a incorporación de coautores, mostrando esta información no perfil público. Nese perfil visualízanse ademais tres tipos de estatísticas: o total de citas recibidas, o Índice H e o Índice i10.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.